Cabaneiro, Abadín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 43°20′00″N 07°28′00″W / 43.3333333°N 7.4666667°W
| Cabaneiro | |
|---|---|
| Situación da parroquia de Cabaneiro no concello de Abadín | |
| Concello | Abadín |
| Área | 4,09 km² |
| Poboación | (ano 2004) 63 hab. |
| Densidade | 15,4 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
San Bertomeu de Cabaneiro é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Abadín, Fanoi, Candia, Corvite, As Goás, Quende, Fraiás e o concello de A Pastoriza.
Índice |
[editar] Xeografía
Pertencente o arciprestado de Baroncelle. Esta parroquia ten 63 habitantes e tan só 6 entidades de poboación e un lugar, sendo a densidade media de poboación no 2004 de 15,4 hab/km².
- As entidades de poboación son as seguintes: Os Currás (12), Formado (4), Odreiro (9), A Pedreira (13), A Picheira (15) e O Porto Pequeno (10).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Panda.
[editar] Situación xeográfica da capital parroquial
- Latitude: 43º 20'
- Lonxitude: 7º 28'
- Superficie: 4,09 km²
[editar] Patrimonio
[editar] Cruceiros
Na aldea dos Curras consérvanse dous cruceiros:
- O primeiro está composto de granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo, e a Virxe e San Xoán de menor tamaño; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con decoración xeométrica na súa parte superior, continuando cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira); e base troncopiramidal con inscrición ilexible. Localízase no adro da igrexa parroquial de San Bartolomeu de Cabaneiro.
- O segundo cruceiro, realizado en granito. De sinxela cruz con figura arcaizante do Cristo, con moi pouco releve. Carece de fuste e apoiase directamente sobor dunha base troncopiramidal. Non presenta inscrición ningunha coa data de realización.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Cabaneiro
| Lugares da parroquia de Cabaneiro no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
Os Currás | Formado | Odreiro | A Pedreira | A Picheira | O Porto Pequeno |