Cabalos e lobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cabalos e lobos
Unha imaxe do Edificio Albo ilustra a portada.[1]
Autor/aFran P. Lorenzo
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Tema(s)edificios e rúas de Vigo
Xénero(s)novela
EditorialXerais
Data de pub.abril de 2015
FormatoRústica cosido a fío
(tamén ePub)
Páxinas192
ISBNISBN 978-84-9914-836-6
Precedido por
editar datos en Wikidata ]

Cabalos e lobos é a primeira novela de Fran P. Lorenzo, publicada en abril de 2015 por Edicións Xerais de Galicia logo de gañar o Premio Blanco Amor de 2014.

Características[editar | editar a fonte]

Nesta novela, ambientada en setembro de 1972[2], no que atinxe ao arquitectónico e urbanístico, son protagonistas edificios e rúas de Vigo: o edificio Albo (obra racionalista do arquitecto Francisco Castro Represas), a rúa Privada Moderna, no vello límite do concello de Vigo e o concello de Lavadores, o café Derby, a entrada de Príncipe, a rúa Colón, o Teatro Cine Fraga, a vella redacción do Faro de Vigo, a rúa Policarpo Sanz (Cable Inglés, Café Colón), a Casa Sanchón, a Porta do Sol, o Teatro García Barbón, o Teatro Rosalía de Castro, a rúa Marqués de Valladares, a Alameda da Praza de Compostela (Editorial Galaxia), As Avenidas, cabo do Bar Comercio, e o Navy Bar de Manuel Antonio.[3]

Un dos eixes de Cabalos e lobos é o amor, concretamente o amor homosexual,[4] e outro dos eixes é o estabelecemento da colonia alemá en Vigo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]