Cabalo albardeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cabalo de tiro»)
Cabalo bretón con arnés.

O cabalo albardeiro[1] é un cabalo de traballo usado pola súa capacidade de tracción. Os cabalos de tiro empregábanse para a labranza ou para arrastrar ferramentas agrícolas, e como forza motriz de carros e carruaxes. Tamén se usaron cabalos de tiro para mover maquinaria cun dispositivo mecánico axeitado. Os usos tradicionais anteriores refírense a animais de tiro pesado. Tamén hai cabalos de tiro lixeiro que permiten velocidades de desprazamento superiores.

Existen un gran número de razas de cabalo de tiro, cada un coas súas características pero que teñen en común a súa gran forza, a paciencia e un temperamento doce que os fixo indispensables para xeracións de granxeiros preindustriais. Un cabalo de tiro esixe un coidado e unha alimentación adecuadas en función do traballo requirido.[2] Os custos de mantemento poden ser importantes.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de cabalo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. William Martín-Rosset (1990). L'Alimentation des chevaux. Editions Quae. pp. 118 –. ISBN 9782738001948. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 
  3. Libro sobre o coidado dos cabalos de tiro. Arquivado 13 de setembro de 2011 en Wayback Machine.(en inglés)