Cabalar, A Capela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalar
Igrexa de Santa María de Cabalar.
ConcelloA Capela[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°26′07″N 8°04′20″O / 43.43527778, -8.07222222Coordenadas: 43°26′07″N 8°04′20″O / 43.43527778, -8.07222222
Área20 km²
Poboación262 hab. (2018)
Densidade13,1 hab./km²
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Cabalar[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 262 habitantes (135 homes, 127 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esta parroquia localízase a unha altitude de 450 m, e é limítrofe coa Mourela (Neda) e sitúase a escasos quilómetros da casa do concello, no lugar das Neves. Está atravesada polo río Belelle e o río Xuvia-Castro.

Clima[editar | editar a fonte]

A climatoloxía de Cabalar é de tipo oceánico húmido con algunhas características de clima continental. A temperatura oscila entre os 0 °C que pódense alcanzar no inverno aos 37 °C de máxima no mes de agosto, cunha temperatura media anual de 12 °C. É un clima propicio para a conservación das Fragas do Eume.

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Esta zona caracterízase polo predominio de carballos, bidueiros e ameneiros. Conta cunha gran riqueza paisaxística e xeolóxica. Tamén posúe moitas especies de animais en liberdade, os cales posúen os bosques de Cabalar como hábitat natural, como os xabarís, raposos e corzos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi construída en estilo barroco durante o século XIX. Presenta unha planta rectangular cunha soa nave e no seu interior, no centro, unha imaxe de Santa María, a patroa da parroquia. A igrexa pertence a diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao arciprestado de Ortegal-As Pontes.

Hai varios muíños ao pé do río que se poden visitar. Conta cun museo etnográfico aberto ao público os xoves e venres polas mañás e sábados e festivos pola tarde.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas parroquiais de Santa María celébranse o 15 e o 16 de agosto.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

O requeixo elabórase nesta zona dende hai moitos anos, posúe unhas características especiais que fan que se diferencie do producido noutras zonas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cabalar[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cabalar no concello coruñés da Capela

O Barreiro | A Bouza | A Buíña | O Cadaval | Os Carballás | A Castiñeira | O Coto | Os Enxertados | Fiúnte | Formariz | Fornelos | A Grúa | Guillurfe | A Igrexa | O Machuco | Martín | O Penedo | O Pouso | Os Roxedoiros | O Teixo | Vilar de Mouros

Parroquias da Capela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Capela

Caaveiro (San Boulo) | Cabalar (Santa María) | A Capela (Santiago)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]