Longa Marcha 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CZ-1")
Longa Marcha 1 / Chang Zheng-1 (CZ-1)
Función Lanzador espacial lixeiro
Fabricante CALT[1]
Tamaño
Altura 29,4 m[1]
Diámetro 2,25 m[1]
Masa 81.310 kg[1]
Etapas 3[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 300 kg[1]
Carga a
GEO
250 kg[1]
Foguetes asociados
Familia Longa Marcha[1]
Derivados Longa Marcha 1D[1]
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]
Sitios de lanzamento Centro de lanzamento de Jiuquan, Centro de lanzamento de Tai Yuan[1][2]
Total de lanzamentos 3 (CZ-1), 3 (CZ-1D)[1]
Éxitos 3 (CZ-1), 3 (CZ-1D)[1]
Fallos 0[1]
Voo inaugural 16 de novembro de 1969[1]
Último voo 3 de marzo de 1971[1]
Primeira Etapa - CZ-1-1[1]
Lonxitude 17,84 m[1]
Diámetro 2,25 m[1]
Masa baleiro 4100 kg[1]
Masa cheo 64.100 kg[1]
Motores 4 YF-2A[1]
Pulo 1224,575 kN[1]
Impulso específico 268 s (241 s a nivel do mar)[1]
Tempo de combustión 130 s[1]
Propelente Ácido nítrico/UDMH[1]
Segunda Etapa - CZ-1-2 (só Longa Marcha 1)[1]
Lonxitude 5,35 m[1]
Diámetro 2,25 m[1]
Masa baleiro 2700 kg[1]
Masa cheo 15.000 kg[1]
Motores 1 YF-2A[1]
Pulo 306,143 kN[1]
Impulso específico 275 s (200 s a nivel do mar)[1]
Tempo de combustión 110 s[1]
Propelente Ácido nítrico/UDMH[1]
Segunda Etapa - CZ-1D-2 (só Longa Marcha 1D)[2]
Lonxitude 5,35 m[2]
Diámetro 2,25 m[2]
Masa baleiro 2650 kg[2]
Masa cheo 14.850 kg[2]
Motores 1 YF-3[2]
Pulo 294 kN[2]
Impulso específico 287 s (260 s a nivel do mar)[2]
Tempo de combustión 120 s[2]
Propelente Tetróxido de nitróxeno/UDMH[2]
Terceira Etapa - CZ-1-3 (só Longa Marcha 1)[1]
Lonxitude 3,95 m[1]
Diámetro 0,77 m[1]
Masa baleiro 250 kg[1]
Masa cheo 2050 kg[1]
Motores 1 GF-02[1]
Pulo 180,991 kN[1]
Impulso específico 254 s[1]
Tempo de combustión 38 s[1]
Propelente Propelente sólido[1]
Terceira Etapa - CZ-1D-3 (só Longa Marcha 1D)[2]
Lonxitude 2,20 m[2]
Diámetro 2,05 m[2]
Masa baleiro 150 kg[2]
Masa cheo 875 kg[2]
Motores 1[2]
Pulo 19,6 kN[2]
Impulso específico 291 s (200 s a nivel do mar)[2]
Tempo de combustión 100 s[2]
Propelente Propelente sólido[2]


Longa Marcha 1 (Chang Zheng 1 en pinyin) foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Longa Marcha.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 1 foi o primeiro lanzador orbital chino. Comezouse a desenvolver na segunda metade de 1965 coa finalidade de lanzar o primeiro satélite artificial chino, o Dong Fang Hong 1 (tamén coñecido abreviadamente como DFH-1).[1]

As dúas primeiras etapas estaban basadas no mísil DF-3 e a terceira era unha etapa de propelente sólido desenvolvida a propósito para o lanzador espacial. O desenvolvemento desta terceira etapa foi un logro tecnolóxico chino da época. Tiña un diámetro de 770 mm, unha lonxitude duns 4 metros e usaba 1,8 toneladas de propelente e necesitaba encenderse a gran altitude mentres xiraba rapidamente sobre si mesma para estabilizarse. Entre maio de 1969 e xaneiro de 1970 fixéronse catro probas exitosas de encendido estático baixo diferentes condicións e unha proba en voo mediante un DF-3 modificado.[1]

O 24 de abril de 1970 o primeiro Longa Marcha 1 puxo en órbita o DFH-1 ao primeiro intento. Menos dun ano despois outro Longa Marcha 1 puxo en órbita o satélite científico SJ-1.[1]

Versións[editar | editar a fonte]

Longa Marcha 1D[editar | editar a fonte]

A partir do Longa Marcha 1 creouse unha versión, denominada Longa Marcha 1D, simplemente usando unha nova segunda etapa alimentada con tetróxido de nitróxeno en lugar de ácido nítrico como no orixinal e unha terceira etapa modificada. O Longa Marcha 1D foi utilizado para probar vehículos de reentrada atmosférica mediante tres lanzamentos suborbitais. Nunca foi usado para lanzamentos orbitais.[2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Longa Marcha 1[editar | editar a fonte]

Voo[3][1] Data[3][1] Rampa de lanzamento[3][1] Carga[3][1] Resultado[3][1] Notas
1 10 de xaneiro de 1970 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 N/A Éxito Voo de probas, suborbital.
2 24 de abril de 1970 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 DFH-1 Éxito Primeiro voo orbital.
3 3 de marzo de 1971 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 SJ-1 Éxito Último voo dun Longa Marcha 1

Longa Marcha 1D[editar | editar a fonte]

Voo[3][2] Data[3][2] Rampa de lanzamento[3][2] Carga[3][2] Resultado[3][2] Notas
4 1 de xuño de 1995 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Éxito Voo de proba suborbital.
5 1 de novembro de 1997 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Éxito Voo de proba suborbital.
6 3 de xaneiro de 2002 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Fallo Voo de proba suborbital.

Notas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]