COS-B
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | |
| Organización | ESA |
| Data de lanzamento | 9 de agosto de 1975[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg das Forzas Aéreas[2] |
| Obxectivo da misión | Observación do ceo en raios gamma.[2][4] |
| Regreso | 18 de xaneiro de 1986[1] |
| NSSDC ID | 1975-072A |
| Masa | 277,5 kg[4][2][5] |
| Dimensións | 140 cm de diámetro x 121 cm de altura[4][2] |
COS-B (acrónimo de Celestial Observation Satellite[4]) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 9 de agosto de 1975 mediante un foguete Delta desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas.[2][4] Inicialmente pretendíase lanzar o satélite mediante un foguete Europa 2, pero descartouse tra-los diversos fallos técnicos co mesmo.[4]
Índice |
[editar] Características
A misión de COS-B consistiu na observación da radiación gamma celeste no rango de enerxías entre 25 MeV e 1 GeV co obxectivo de estudia-los púlsares de raios gamma, cartografiar a Galaxia en raios gamma e facer un estudo en detalle do púlsar Geminga.[6]
O satélite foi inxectado nunha órbita altamente elíptica cun apoxeo de 100.000 km e un perixeo de 350 km e unha inclinación orbital de case 90 graos.[2]
O satélite tiña forma cilíndrica, cun diámetro de 140 centímetros e unha altura de 121 centímetros. Tendo en conta as catro antenas que sobresaían da parte inferior do cilindro, a altura total era de 172,2 cm.[2]
COS-B obtiña información sobre a súa orientación a partir dun sensor solar e dun sensor de albedo terrestre. A actitude controlábase mediante un sistema de control que usaba gas frío (nitróxeno) como propulsor. O mesmo sistema servía para axustar a rotación do satélite a unha velocidade de 10 revolucións por minuto, engadíndose un par de tobeiras de precesión para axustar o momento angular.[2]
O sistema de telemetría usaba un transmisor en tempo real de 6,5 vatios de potencia e cunha taxa de transmisión de datos de 160 ou 320 bps, seleccionable. A enerxía eléctrica era proporcinada por 9480 células solares montadas en 12 subpaneis no cilindro do satélite.[2]
A misión deuse por finalizada en abril de 1982[4] tras funcionar case o triple do inicialmente estimado (6 anos e 8 meses frente a dous anos previstos)[6]. O satélite reentrou na atmosfera o 18 de xaneiro de 1986.[1]
[editar] Instrumentación
Como único instrumento, COS-B levaba a bordo un telescopio de raios gamma, que funcionou sen problemas durante toda a misión salvo problemas puntuais coa cámara de chipas e a perda normal de rendemento co paso do tempo.[4]
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011) COS B (inglés). Real Time Satellite Tracking. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011) COS-B (inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ (2 de decembro de 1975)"Letter dated 18 November 1975 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (75-26865). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2011) COS B (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ Mark Wade (2011) COS (inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 The COS-B Satellite (inglés). HEASARC (NASA) (26 de xuño de 2003). Consultado o 1 de xaneiro de 2012.