CORDE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O CORDE (acrónimo de Corpus diacrónico del español) é un corpus da Real Academia Española creado en 1994 para apoiar o estudo do castelán durante toda a historia da lingua.

En abril de 2005 [1] contaba con 250 millóns de formas. É unha ferramenta moi importante para documentar as palabras na lingua castelá, o seu uso e/ou perda do mesmo, a evolución do seu significado, primeira aparición, etimoloxía e, por suposto, para realizar o Diccionario Histórico del Español.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.rae.es/rae/gestores/gespub000007.nsf/voTodosporId/E1F29760A46C080CC1256AD2004D606D?OpenDocument

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]