Club Natación Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CN Pontevedra")
CN Pontevedra
Cidade Pontevedra Flag of Galicia.svg
País España
Ano de Fundación: 1998
Pavillón
 - Nome
 - Aforo

Piscina de Campolongo
-
Seareiros:
Orzamento:
Tempadas
 - Primeira
 - Segunda
 - Liga Galega

0
0
8
Títulos
Adestrador Iván Sabajanes
Páxina oficial do club

O Club Natación Pontevedra é un club de natación e waterpolo fundado no ano 1998.

Actualmente participa na Liga Galega de Waterpolo. Conta con equipos en categorías infantís, cadete, xuvenil e absoluta. Os seus partidos e adestramentos realízanos na piscina de Campolongo dende o ano 2004. Anteriormente utilizaba para os adestramentos e para os encontros oficiais as piscinas da Mariña de Marín ou a municipal de Caldas de Reis.

Historia[editar | editar a fonte]

Anos 30: os inicios[editar | editar a fonte]

Os inicios do club remóntanse aos anos 30, no seo da Sociedade Ximnástica, e impulsado por Xosé Rodríguez Ruibal, máis coñecido como Pepe "Malecho", ao que na actualidade se lle dedica un campionato entre clubs de toda Galicia. Debido a ausencia de instalacións axeitadas, os adestramentos e partidos xogábanse na dársena das Corbaceiras, soamente no verán e na preamar. Neses anos competía contra equipos coma o Escola Industrial de Vigo, o Marítimo ou o Rodeira-Mar de Cangas. Aquel primeiro equipo estaba formado por, ademais de "Pepe Malecho", o seu irmán Manolo, Clemente Echevarría, Gonzalo Guillán, Armando Casteleiro entre outros. Mais os problemas que vivía o país coa Guerra Civil remataron por disolver o equipo.

Anos 50-60: a rexeneración do equipo[editar | editar a fonte]

Superados xa os problemas extradeportivos, o club volveu a rexenerarse a mediados dos anos 40. Os seus inicio foron anos febles, pero chegou a formar unha pequena liga local, formada por equipos dos diferentes barrios da cidade de Pontevedra: o Salcedo, o Raza, o Náutico ou o Marítimo, xunto co Burgo foron os integrantes desa competición. O equipo estaba integrado por xogadores célebres e aínda vivos coma Xacinto, Chanón, Pillado, Alberte, e outros xa mortos coma Virulé ou os irmáns Barco.

O verán seguía a ser a tempada das competicións, aproveitando o tempo favorable. Adestrábase agora nunha praia fluvial chamada a Resilla, na ponte das Correntes. Mais novos problemas xorden no seo do club coa chegada de industrias pesqueiras e conserveiras ao lugar de adestramento do equipo, o que provocou que o equipo, por segunda vez na súa historia, tivese que volver a disolverse.

1998: comezo da etapa moderna[editar | editar a fonte]

A finais da década dos 90, o CN Pontevedra, ata ese intre dedicado integramente á natación, creou unha sección de wáter-polo, co fin de dar saída a nadadores de idade demasiado alta para competir a alto nivel. Así, en 1998, o equipo xogou o seu primeiro partido en outubro dese ano, en cualidade de amigable, contra o c.w.redondela, na piscina de Redondela cunha derrota por 7 a 0. Os primeiros partidos de liga xogaronse na piscina de Padrón. Foi tamén inscrito na Liga Galega de Wáter-polo, militando na segunda división, onde estiveron a piques de ascender.

O primeiro equipo de wáter-polo do CN Pontevedra estivo adestrado por Iván Sabajanes (até o ano 2005) e contaba con Fernando Rodríguez, Sesé Vázquez, Xabier de Sáa González e Anxo Días como directivos. Os xogadores que comezaron a aventura do wáter-polo foron: Rubén Novoa Gracia, Xurxo Grangel, Francisco Torres, Iván Sabajanes, Xoan Virel , Antonio Gallego, Mateo Torres, Pablo Gallego, Juanjo Vázquez, Pablo Rodríguez, Óscar Afonsín, Manolo González, Xosé Touriño, Xabier de Sáa, Xoan Rodríguez, Alberte López , Xurxo Rodríguez, Fernando Pariente e Alberte Afonsín.


Actualidade[editar | editar a fonte]

Na época actual, o equipo pontevedrés, que antano tivera múltiples problemas de instalacións que provocaron a súa desaparición, conta con varias piscinas como instalación: Campolongo, onde xogan os partidos, ou a piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, son un exemplo da cantidade de instalacións das que o equipo goza. E é que o CN Pontevedra tivo unha enorme progresión que lle permitiu acadar un nivel profesional, pasando de ser un equipo de waterpolo formado por uns cantos ex-nadadores, a contar con equipos nas categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

A nivel deportivo, milita na Liga Galega de Waterpolo, obtendo resultados razoablemente bos. No ano 2005, Telmo Silva fíxose coa presidencia do club.

Resultados na Liga Galega de Waterpolo[editar | editar a fonte]

Posición do CN Pontevedra na Liga de wáter-polo.

Tempada Posto Campión
2003-2004 CN Coruña
2004-2005 CN Coruña
2005-2006 CN Coruña
2006-2007 CN Coruña

Resultados na Copa de Galicia[editar | editar a fonte]

Tempada Posto Campión
2004-2005 CW Santiago
2005-2006 CN Coruña
2006-2007 Primeira Rolda CN Coruña