CMTV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Correio da Manhã TV (CMTV) é un canal privado de televisión portugués de noticias as 24 horas, iniciando as súas emisións o 17 de marzo de 2013 [1]. É operado por Cofina, propietario do Correio da Manhã, xornal destacado de Portugal. O canal está dispoñible mediante o operador de fibra e satélite MEO. MEO ten a exclusividade do canal desde o 2013.

CMTV desexa unha vez rematada a exclusividade coa compañía MEO, expandirse a outras compañías.[Cómpre referencia] Alén disto, no ano 2014 expandíu as súas emisións a Angola e Mozambique [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2014. Consultado o 01 de xuño de 2015. 
  2. CMTV chega a Angola e Moçambique