Cidadáns de Galicia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CIDEGA")
Cidadáns de Galicia (CIDEGA) é un partido galego que se autodefine como galeguista de centro rexistrado o 22 de outubro de 2006. Está dirixido por Adolfo Reymóndez, ex-concelleiro e presidente do Partido Popular de Galicia en Rianxo.
Presentouse ás eleccións municipais de 2007 na Estrada sacando dous concelleiros, que posteriormente, en agosto de 2009, deixaron o partido[1], incorporándose ao PPdG [2]. A pesar do parecido dos nomes non ten relación orgánica ningunha con Ciutadans de Catalunya.
[editar] Notas
- ↑ "Cidadáns de Galicia pide a la Xunta que anule la salida de su grupo de Reboredo y Torres", artigo de Silvia Pampín no Faro de Vigo, 9 de abril de 2010.
- ↑ "O PPdeG refórzase na Estrada coas fichaxes de dous ex edís de Cidega", artigo en Vieiros, 10 de setembro de 2009.