CGAI
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) é unha institución que desenvolve as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía. Creada por decreto o 5 de outubro de 1989 pola Xunta de Galicia e inaugurado o 15 de marzo de 1991. Está situado no cenro da cidade da Coruña e actualmente (2012) está dirixido por Guillermo Escrigas.
[editar] Funcións
- A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
- A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
- A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galiza e no exterior.
- A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.