CERS
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Confederación Europea de Patinaxe ou CERS (en francés: Confédération Européenne de Roller Skating) é o organismo que regula os deportes de patinaxe (hoquei a patíns, patinaxe artístico en patíns, patinaxe de velocidade sobre rodas e hóckey en liña) a nivel europeo e que ten a súa sede na cidade de Porto, Portugal.
É unha das confederacións continentais que forman parte da Fédération Internationale de Roller Sports (FIRS).
Índice |
Comité central [editar]
O CERS está dirixido por un comité central composto polos seguintes membros:
Fernando Elias Claro (presidente)
Jan Piotrowsky (1º vicepresidente)
Ignacio Gonzalez Pereira (2º vicepresidente)
Fernando Leandro Naroli (3º vicepresidente)
Comités técnicos [editar]
As 4 disciplinas deportivas teñen o seu propio comité que as xestiona a nivel europeo e que son os que organizan as diversas competicións:
- Hóckey a patíns - Comité Européen de Rink Hockey (CERH)
- Patinaxe artístico - Comité Européen de Patinage Artistique (CEPA)
- Patinaxe de velocidade - Comité Européen de Course (CEC)
- Hóckey en liña - Comité Européen de Roller Inline Hockey (CERILH)