Club Deportivo Tuilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CD Tuilla»)
Tuilla
NomeClub Deportivo Tuilla
Fundación1952
EstadioEl Candín,
Tuilla, Langreu, España
Capacidade2.800
PresidenteEspaña José López Arbesú
AdestradorEspaña Jesús "Chuchi" Collado
Liga3ª – Grupo 2
2015–16
Titular
Alternativo

O Club Deportivo Tuilla é un club de fútbol da parroquia de Tuilla, no concello asturiano de Langreu. Foi fundado en 1952 e actualmente xoga na Terceira División Española.

Historia[editar | editar a fonte]

Campo de fútbol El Candín.

Ao principio na súa fundación creouse unha xunta prol-campo durante cinco anos, que impulsou e fixo grandes melloras no terreo de xogo coa colaboración da Empresa Duro Felguera. O 11 de xullo inscríbese en Segunda Rexional, sendo presidente Arsenio Antuña, acompañádole como directivos a maior parte da xunta prol-campo.

O 18 de outubro de 1952 tivo lugar o luctuoso suceso do falecemento do porteiro Manuel García Mata nun partido xogado contras o Unión Estudiantes de Gijón. O accidente ocorreu ao caer sobre o balón. Solicitou o Club á Federación permiso para levar brazalete negro durante toda esa tempada e foille concedido.

A campaña máis soada con eco en toda España, foi a de 1954/55, na que quedou campión de Segunda Rexional, marcando en 22 partidos 123 goles. Era presidente do Club Justo Fernández Antuña.

Neste século XXI proclamouse campión da Copa Real Federación de Fútbol a nivel autonómico na edición 2007/08, chegando a semifinais a nivel nacional.

A tempada 2012/13 converteuse na máis exitosa da historia do club ao conseguir proclamarse campión da Copa Federación a nivel autonómico e tamén o campionato de Terceira División por primeira vez na historia.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul arlequinada, pantalón branco, medias azuis e brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta con franxas horizontais negras e rosas , pantalón e medias negras.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 19

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
de 52-53 Rexional
a 86-87 Rexional
1987/88 18º
1988/89 Rexional
1989/90 Rexional
1990/91 Rexional
1991/92 17º
1992/93 Rexional
1993/94 Rexional
1994/95 17º
Tempada Categoría Posto
1995/96 Rexional
1996/97 14º
1997/98
1998/99
1999/00 13º
2000/01 19º
2001/02 Preferente
2002/03 Preferente
2003/04 Preferente
2004/05 Preferente
Tempada Categoría Posto
2005/06 15º
2006/07
2007/08
2008/09
2009/10
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15
2015/16
2016/17

Adestradores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]