CDUP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CDUP
Nome completo Centro Desportivo
Universitario do Porto
Alcume(s)
Fundación 1964
Localización Flag of Portugal.svg Porto
Estadio(s) Universitario
Capacidade
Presidente
Adestrador Marcello d'Orey
Capitán
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Campionato Portugués
Tempada 2011-12
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa


Fóra


O Centro Desportivo Universitário do Porto ou CDUP é un club de rugby portugués da cidade de Porto. O CDUP é un dos equipos máis importantes de Portugal ao achegar tres xogadores á Selección de rugby de Portugal na Copa do Mundo de Rugby 2007. En Portugal, o rugby é considerado traditionalmente un deporte universitario.

O club foi fundado en 1964 e evolucionou ata a máxima categoría do rugby portugués, o Campionato portugués de rugby ou División de Honra.

Ademais da sección de rugby conta con moitas outras modalidades deportivas tales coma: atletismo, balonmán, bádminton, baloncesto, bridge, piragüismo, natación, wáter-polo, remo, tenis de mesa, voleibol e xadrez.

Palmarés[editar | editar a fonte]

2002-03, 2006-07

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Flag of Portugal.svg Campeonato Super Bock — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Lisboa CDUL Vixente campión de liga 73 18 15 1 2 9 2
Lisboa Belenenses 60 18 12 1 5 7 3
Lisboa Direito 60 18 13 0 5 7 1
Lisboa Agronomia 54 18 11 0 7 6 4
Porto CDUP 48 18 10 1 7 4 2
Coimbra Académica 46 18 10 0 8 3 3
Lisboa Técnico 41 18 8 1 9 4 3
Cascais Cascais Equipo ascendido a pasada tempada 23 18 5 0 13 1 2
Arcos de Valdevez CRAV Equipo ascendido a pasada tempada 19 18 4 0 14 1 2
10º Lisboa Benfica 0 18 0 0 18 0 0
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En rosa      as posicións de promoción de permanencia (7º, 8º, 9º e 10º).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]