CDUL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CDUL
NomeCentro Desportivo
Universitário de Lisboa
Fundación1952
SedePortugal Lisboa
Estadio(s)Universitario de Lisboa
Capacidade8000 espectadores
PresidenteLourenço Fernandes Thomaz
AdestradorManuel Sommer Ribeiro
Liga(s)Campionato Portugués
2011-12Campión
Casa
Fóra
Na rede
http://cdul.blogspot.pt/

O Centro Desportivo Universitário de Lisboa, popularmente coñecido polo acrónimo CDUL, é unha entidade polideportiva da capital portuguesa, Lisboa. Fundado en 1952, o CDUL acadou os seus éxitos máis salientables no rugby, unha disciplina na que é o club máis laureado do país.

Palmarés[editar | editar a fonte]

1963-64, 1964-65, 1965-66, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1970-71, 1971-72, 1973-74, 1977-78, 1979-80, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1988-89, 1989-90, 2011-12
1967-68, 1976-77, 1978-79, 1985-86, 1987-88, 1988-89
1983-84, 1984-85

Tempada actual[editar a fonte]

O formato de competición consiste nunha liga regular de oito equipos, xogando cada un dos equipos contra todos os demais, a dúas voltas, totalizándose catorce xornadas. Cando remate a liga regular os dous primeiros equipos da táboa disputarán a final do campionato, e o derradeiro clasificado descenderá de categoría.

Pos. Equipo Puntos X G E P P+ P- BO BD
1º. FINALISTA Belenenses 50 14 11 1 2 420 287 3 1
2º. FINALISTA Agronomia 46 14 10 0 4 368 264 5 1
3º. PERMANENCIA Técnico 45 14 9 0 5 419 245 6 3
4º. PERMANENCIA CDUL 30 14 7 0 7 308 335 1 1
5º. PERMANENCIA Direito 30 14 6 0 8 327 308 1 5
6º. PERMANENCIA CDUP 24 14 5 1 8 267 388 1 1
7º. PERMANENCIA Cascais 21 14 4 0 10 345 408 2 3
8º. DESCENSO Academica 14 14 3 0 11 231 450 0 2
  • Táboa actualizada o 19/05/2019. Fonte
  • O Académica de Coimbra rematou na última posición polo que perdeu a súa praza na máxima categoría.
  • O RC Montemor acadou o ascenso directo á máxima categoría batendo ó SL Benfica na final da segunda división por 17-11.
Final

O Agronomia acadou o seu segundo campionato de liga batendo na final ó Belenenses por 10-18 na final disputada no campo do GD Direito.

Belenenses 10 - 18 Agronomia 18 de maio de 2019 – Monsanto, Lisboa

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]