CD56

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación da NCAM1 (de PDB 1epf).

O CD56 (cluster de difeenciación 56) ou molécula de adhesión celular neural (NCAM, ás veces N-CAM) é unha glicoproteína de adhesión celular que se expresa na superficie das neuronas, glía, células do músculo esquelético e células asasinas naturais. A NCAM está implicada na adhesión célula-célula,[1] crecemento da neurita (dendritas, axóns), plasticidade sináptica, aprendizaxe e memoria.

Formas, dominios e unión homofílica[editar | editar a fonte]

A NCAM é unha glicoproteína da superfamilia das inmunoglobulinas. As células producen polo menos 27 ARNms de NCAM por splicing alternativo, polo que existe unha gran diversidade de isoformas de NCAM.[2] As tres isoformas principais de NCAM varían só no seu dominio citoplasmático, e son:

  • NCAM-120kDa (GPI ancorada)
  • NCAM-140kDa (dominio citoplasmático curto)
  • NCAM-180kDa (dominio citoplasmático longo)

O dominio extracelular da NCAM consta de cinco dominios de tipo inmunoglobulina seguidos de dous dominios de fibronectina tipo III (FNIII). Os distintos dominios da NCAM teñen diferentes funcións, xa que os dominios tipo inmunoglobulina (Ig) están implicados na unión homofílica da NCAM, e os dominios FNIII están implicados na sinalización que orixina o crecemento da neurita.

A unión homofílica[3] ten lugar entre moléculas de NCAM situadas en superficies opostas (trans-) e moléculas de NCAM da mesma superficie (cis-)1. Hai moita controversia sobre a forma exacta en que se dispoñen as unións homofílicas da NCAM tanto en trans- coma en cis-. Os modelos actuais suxiren que a unión homofílica trans- ocorre entre dúas moléculas NCAM antiparalelas entre todos os cinco dominios Ig ou só entre IgI e IgII. A unión homofñílica cis- pénsase que ocorre por interaccións entre IgI e IgII, e tamén IgI e IgIII, formando un multímero NCAM de alta orde. Tanto a unión homofílica da NCAM cis- coma a trans- son importantes para a "activación" NCAM que dá lugar ao crecemento da neurita.

Exóns menores[editar | editar a fonte]

Outra capa de complexidade nestas moléculas créase pola inserción doutros exóns "menores" no transcrito da NCAM, o que crea unha variación nas isoformas. Os dous máis salientables son:

  • O VASE (VAriable domain alternativelly Spliced Exon[4], exón de splicing alternativo de dominio variable) exón que se cre se correlaciona cunha inhibición das propiedades da NCAM que promocionan o crecemento de neuritas.[5][6]
  • O MSD (Muscle Specific Domain, dominio específico de músculo), que se pensa xoga un papel positivo na fusión de mioblastos.[7] No músculo esquelético encóntrase este dominio nas tres isoformas da NCAM, o que incrementa a súa masa molecular, orixinando as isoformas NCAM-125, NCAM-145, e NCAM-185, pero é máis común encontralo na isoforma NCAM-125.[7]

Modificación postraducional[editar | editar a fonte]

O NCAM mostra distintas glicoformas orixinadas por modificación postraducional por adición de ácido polisiálico (PSA) ao quinto dominio de tipo inmunoglobulina, que se cre lle dá as súa propiedades de unión homofílica e pode orixinar unha redución da adhesión celular importante na migración e invasión celular. O ácido polisiálico sábese que é crucial para a aprendizaxe e a memoria. A eliminación do ácido polisiálico do NCAM feita polo encima endoneuraminidase (EndoN) suprime a potenciación a longo prazo (LTP) e a depresión a longo prazo (LTD) das neuronas.[8][9][10]

Función[editar | editar a fonte]

A NCAM pénsase que realiza sinalizacións que inducen o crecemento de neuritas por medio do receptor do factor de crecemento de fibroblastos (FGFR)[11] e actúa sobre a vía de sinalización p59Fyn.

Patoloxía[editar | editar a fonte]

En anatomía patolóxica utilízase o CD56 en métodos inmunohistoquímicos para recoñecer certos tumores.

Terapia anti-NCAM[editar | editar a fonte]

O NCAM utilizouse como diana en inmunoterapia baseada en anticorpos experimental. Demostrouse unha exitosa radioinmunolocalización de metástases despois de administrar inxeccións dos radioinmunoconxugados que se unen ao NCAM 123J-UJ13a ou 131J-UJ13a a nenos con neuroblastoma. Os pacientes con cancro pulmonar de células pequenas que foron tratados coa inmunotoxina anti-NCAM huN901-DM1 en dous estudos clínicos diferentes, mostraron unha aceptación do nivel de toxicidade e signos de resposta clínica.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pathology Outlines
  2. Reyes AA, Small SJ, Akeson R. (1991). "At least 27 alternatively spliced forms of the neural cell adhesion molecule mRNA are expressed during rat heart development". Mol Cell Biol. 11 (3): 1654–61. PMC 369464. PMID 1996115. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=369464.
  3. Vladislav V. Kiselyov, Vladislav Soroka, Vladimir Berezin and Elisabeth Bock. Structural biology of NCAM homophilic binding and activation of FGFR. Journal of Neurochemistry, 2005, 94, 1169–1179. doi:10.1111/j.1471-4159.2005.03284.x. [1]
  4. Qin S, Zheng F, Chen GH, Fang H, Wang XM, Zhou JN. Variable alternative spliced exon (VASE)-containing and VASE-lacking neural cell adhesion molecule in the dorsal and ventral hippocampus of SAMP8 mice. Neurosci Res. 2005 Jun 15;80(6):838-44. PMID:15884017. [2]
  5. Patrick Doherty, C. E. C. Kitty Moolenaar Ashton, Rob J. A. M. Michalides, Frank S. Walsh. The VASE exon downregulates the neurite growth-promoting activity of NCAM 140. Nature 356, 791 - 793 (30 April 1992); doi:10.1038/356791a0. [3]
  6. Stephen J. Small and Richard Akeson. Expression of the Unique NCAM VASE Exon Is Independently Regulated in Distinct Tissues during Development. The Journal of Cell Biology, Volume 111, November 1990 2089-2096. [4]
  7. 7,0 7,1 Suzuki M, Angata K, Nakayama J, Fukuda M. (2003). "Polysialic acid and mucin type o-glycans on the neural cell adhesion molecule differentially regulate myoblast fusion". J Biol Chem. 278 (49): 49459–68. DOI:10.1074/jbc.M308316200. PMID 13679364.
  8. Becker, C. G., Artola, A., Gerardy-Schahn, R., Becker, T., Welzl, H., and Schachner, M. (1996). "The polysialic acid modification of the neural cell adhesion molecule is involved in spatial learning and hippocampal long-term potentiation". J Neurosci Res. 45 (2): 143–52. DOI:10.1002/(SICI)1097-4547(19960715)45:2<143::AID-JNR6>3.0.CO;2-A. PMID 8843031.
  9. Stoenica L, Senkov O, Gerardy-Schahn R, Weinhold B, Schachner M, Dityatev A. (2006). "In vivo synaptic plasticity in the dentate gyrus of mice deficient in the neural cell adhesion molecule NCAM or its polysialic acid". Eur J Neurosci. 23 (9): 2255–64. DOI:10.1111/j.1460-9568.2006.04771.x. PMID 16706834.
  10. Senkov O, Sun M, Weinhold B, Gerardy-Schahn R, Schachner M, Dityatev A. (2006). "Polysialylated neural cell adhesion molecule is involved in induction of long-term potentiation and memory acquisition and consolidation in a fear-conditioning paradigm". J Neurosci. 26 (42): 10888–109898. DOI:10.1523/JNEUROSCI.0878-06.2006. PMID 17050727.
  11. Vladimir Aleksandrovich Berezin. Structure and Function of the Neural Cell Adhesion Molecule NCAM. Google books. [5]
  12. Jensen M, Berthold F. (2007). "Targeting the neural cell adhesion molecule in cancer". Cancer Lett. 258 (1): 9–21. DOI:10.1016/j.canlet.2007.09.004. PMID 17949897.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Neural+Cell+Adhesion+Molecule [6]