CBC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede da CBC en Montreal

Canadian Broadcasting Corporation, polo común coñecida pola súa abreviatura CBC, é o servizo público de radio e televisión de Canadá, chamado en francés Société Radio-Canada (SRC).

Historia[editar | editar a fonte]

Estableceuse o 2 de novembro de 1936 sucedendo á CRBC, actualmente opera catro canles de radio (2 en inglés e 2 en francés), 1 servizo internacional de radio (en 8 linguas), 1 servizo dixital de audio, 2 canles de televisión (1 en inglés e 1 en francés), 3 redes de televisión por cable e unha orquestra sinfónica.

Ademais do inglés e o francés a CBC tamén ofrece programas locais noutras linguas como o inuit e 8 linguas amerindias.