C/Z Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C/Z Records

Compañía nai
Fundado en 1985
Fundador Chris Hanzsek, Tina Casale
Estado
Distribuidoras
Xénero(s) grunge, indie rock, rock alternativo, punk rock
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización Seattle, Washington e Los Angeles, California
Web oficial http://www.czrecords.com/

C/Z Records é un selo discográfico estadounidense baseado en Seattle creado a principios de 1985 por Chris Hanzsek e Tina Casale coa edición do agora lendario LP, Deep Six, que recompilaba as priemiras gravacións dos proxenitores reais do que posteriormente foi coñecido como grunge. Na actualidade o selo é propiedade de Daniel House.

Historia[editar | editar a fonte]

O selo fundárono a principios de 1985 Chris Hanzsek e Tina Casale. A súa primeira edición, aparecida o 1 de setembro dese ano, foi titulada Deep Six (CZ001). Este era un LP recompilatorio que contaba con algunhas bandas de grunge como Soundgarden, The Melvins, Green River, Skin Yard, Malfunkshun e The U-Men. A nivel nacional, o disco foi unha especie de decepción, e despois duns 18 meses, Chris e Tina decatáronse de que levar un selo discográfico non era a carreira que querían perseguir.

Daniel House, baixista de Skin Yard, que estaba negociando a realización do primeiro disco para a súa banda, finalmente fíxose cargo das operacións do selo. Durante varios anos C/Z foi pouco máis que unha afición, pero rapidamente converteuse nunha saída para moitas bandas pequenas de Seattle, das que House pensaba que facían boa música. En 1989 House comezou a traballar como director de vendas para un novo selo independente da cidade chamado Sub Pop, e eventualmente deixou C/Z convertida xa nun éxito. Posteriormente lanzou os priemiros álbums e sinxelos de destacadas bandas como The Presidents of the United States of America, The Melvins, Built to Spill, 7 Year Bitch, The Gits, Silkworm e Hammerbox.

No ano 1993 C/Z asinou un contrato de produción e distribución con RED Distribution, que pertencía a Sony. O contrato non funcionou e deixou ao selo sen recursos en menos dun ano. House viuse forzado a reorganizarse e pasaría un ano ata que aparecesen novas edicións con C/Z.

En 1996 Zoo Entertainment, pertencente a BMG, apadrinou a C/Z. Zoo proporcionoulle un modesto presuposto para operar e gravar, e asitíuna cos novos artistas. En 1997 Zoo ía ser adquirida por Volcano Entertainment e as terceiras empresas foron retiradas da compra.

Daniel House volveu a C/Z funcionando a tempo parcial, editando ocasionalmente algún disco pero con pouca frecuencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]