Messier 19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cúmulo Globular M19»)
Messier 19

Messier 19 (tamén coñecido como M19 ou NGC 6273) é un cúmulo globular situado a 28.000 anos luz do sistema solar, caracterizado pola súa forma oval, é igualmente un dos cúmulos globulares máis próximos ao centro da galaxia, concretamente a 5200 anos luz. Descubriuno en 1764 Charles Messier. M19, de magnitude 7, pódese ver, cun aspecto nebuloso, con telescopios pouco potentes pero é preciso un de 200 mm para apreciar algunha das súas estrelas estrelas. Pertence á constelación Ophiuchus, localizado nunha rexión illada.