Córgomo, Vilamartín de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Córgomo
Mural de escritores galegos, obra de Anxo Baranga
ConcelloVilamartín de Valdeorras[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°25′32″N 7°01′55″O / 42.425491666667, -7.0318611111111Coordenadas: 42°25′32″N 7°01′55″O / 42.425491666667, -7.0318611111111
Poboación204 hab. (2014)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Comba de Córgomo[2] é unha parroquia civil que se localiza no leste do concello de Vilamartín de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 204 habitantes (114 homes e 90 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación. En 2004 tiña 288 habitantes (145 homes e 143 mulleres), 13 máis ca en 1999.

Desta parroquia é natural o escritor galego Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado co Día das Letras Galegas o ano 2022. Aquí tamén naceu o recoñecido gaiteiro Leopoldo Quiroga Arias, quen formou o cuarteto Follas Novas de Córgomo.

Historia[editar | editar a fonte]

Memorial do gaiteiro Leopoldo Quiroga

Unha das primeiras referencias escritas a esta parroquia figura no Tumbo Viejo de San Pedro de Montes: no ano 1091 Salvador Aldetriz fai doazón dunha heredade "in villa quos vocitatant Cormego".[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilamartín de Valdeorras[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Córgomo no concello de Vilamartín de Valdeorras

Córgomo | As Gralleiras | Santa Marta

Parroquias de Vilamartín de Valdeorras[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

Arcos (San Lourenzo) | Arnado (San Clemente) | Cernego (San Víctor) | Córgomo (Santa Comba) | Correxais (San Pedro) | O Mazo (Santo Antonio) | A Portela (San Xulián) | San Miguel do Outeiro (Santo Antonio) | San Vicente de Leira (San Vicente) | Valencia do Sil (San Bernabé) | Vilamartín de Valdeorras (San Xurxo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Lugares da parroquia de Córgomo no Nomenclátor da Xunta de Galicia
  3. Quintana Prieto, Augusto (1971). Tumbo Viejo de San Pedro de Montes. León: Centro de Estudios e Investigación San Isidoro. p. 138. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]