Coliidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cólidos")
Coliidae
Urocolius macrourus3.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coliiformes
Familia: Coliidae
Swainson, 1837
Xéneros

Os cólidos ou colíidos (Coliidae) son unha familia de aves, a única da orde Coliiformes. Son un grupo pequeno próximo aos paseriformes que non teñen afinidades claras doutros grupos. Este grupo habita só na África subsahariana, e é a única orde de aves confinada completamente a ese continente, aínda que poido ter unha distribución maior no pasado; hai un fósil do Eoceno en Inglaterra. Inclúe só seis especies actuais.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Son aves grisáceas ou marrón claras cunha suave plumaxe, o corpo delgado e a cola delgada e moi longa. Son arborícolas e móvense entre as follas coma os roedores en busca de bagas, froita e agromos. Este hábito, e as súas patas, dá lugar ao nome inglés do grupo "paxaros rato".

Son acrobáticos, e pode alimentarse ao revés. Todas as especies teñen poutas fortes e os dedos exteriores dos pés reversibles. Tamén teñen cristas e os peteiros cerdosos.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Son gregarioss, viven en lugares lixeiramente arborados. Estes paxaros constrúen os niños de póliñas en matogueiras. Poñen tipicamente de dous a catro ovos, nacendo axiña un pito moi precoz, que axiña deixa o niño e adquire capacidade de voar.

Sistemática[editar | editar a fonte]

Hai dúas subfamilias, cada unha cun só xénero. Existen fósiles pertencentes á familia: Primocolius sigei, Primocolius minor, Limnatornis paludicola, Limnatornis archiaci e Colius palustris.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coliidae