Cóctel Molotov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóctel Molotiv fabricado pola compaía Alko na Guerra de Inverno

Chámase cóctel molotov ou bomba molotov a unha bomba incendiaria de fabricación caseira, mestura de certos produtos inflamábeis (por exemplo gasolina) con aceite de motor nun recipiente de vidro.

Nos modelos clásicos, un trapo ou anaco de tea na boca da botella serve coma mecha. Inflámase a mecha e lánzase. Ao romperse o vidro, o contido espállase á vez que entra en contacto coa chama e se incendia. O aceite de motor fai que a gasolina se pegue a calquera superficie.

Nos cócteles de impacto, en lugar de mecha, emprégase ácido sulfúrico e potasa. Ao lanzarse a bomba, o vidro rómpese e o ácido entra en contacto coa potasa xerando unha forte reacción exotérmica que fai que o combustíbel se imflame. Ademais dos danos polo lume, hai que engadir o dano corrosivo do ácido. Outra vantaxe da bomba de ácido é que nos enfrontamentos nocturnos non revela a posición do lanzador.

Aínda que foron inventados durante a Guerra civil española (1936 - 1939), o seu nome é debido a que se empregaron na Guerra de Inverno, e que en aquela época Viacheslav Molotov (ministro do exterior da Unión Soviética durante a Segunda Guerra Mundial) comunicaba por radio á poboación finlandesa durante a guerra que o exército ruso non estaba bombardeando senón enviando alimentos; a isto, o exército finlandés contestou que xa que "Molotov poñía a comida, eles poñerían os cócteles". Tivo un grande éxito coma arma antitanque, e ademais era terrorífico para a moral das tropas inimigas.

Emprégase principalmente nos conflitos urbanos, dada a súa facilidade de elaboración e o seu baixo custe.