Cóccix
O cóccix é o derradeiro óso da columna vertebral. Ó igual có sacro, resulta da fusión de varias vértebras. Neste caso, entre tres e cinco vértebras fusionadas. Só a primeira conserva apófises transversas (ás do sacro) e apófises articulares superiores. O resto de vértebras só posúen os corpos vertebrais fusionados. O tamaño das vértebras coccíxeas vai diminuíndo cara ó extremo inferior.
Índice |
Articulacións do cóccix [editar]
Só se artella na parte superior, co sacro. Esta articulación é case inmóbil, e só presenta pequenos deslizamentos. As superficies articulares son:
- Apófises articulares inferiores do sacro
- Apófises articulares superiores do cóccix
Insercións musculares do cóccix [editar]
Na superficie posterior poden chegar insercións dos músculos glúteos, que van dende a cadeira ó fémur. Permiten certos movementos da articulación coxo-femoral.
Na superficie anterior insírese o músculo isquio-coccíxeo, que vai dende a espiña ciática do coxal ata a superficie anterior sacra. Forma parte do plano profundo do perineo ou chan da pelve.
Insercións ligamentosas [editar]
Insírese o ligamento sacro-ciático menor, que vai do cóccix ó coxal. Tamén se insiren ligamentos de reforzo da articulación sacro-coccíxea: o anterior, o posterior e os laterais. Os nomes xa definen a súa posición anatómica. Non obstante son ligamentos pouco importantes e nin siquera figuran en moitos atlas de anatomía humana.
Funcións do cóccix [editar]
Coma todos os ósos, ten función de sostén, mais o cóccix constituíu o esqueleto dun rabo similar ós dos outros primates. A nivel evolutivo perdeu esta función, pero aínda o empregamos para apoiarnos nel ó sentarmos.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray’s Anatomy of the Human Body
- Frank H. Netter: Atlas de Anatomía Humana 4ª Edición