Célula estrelada pancreática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cultivo de células estreladas pancreáticas.
Activación das células estreladas pancreáticas na pancreatite crónica e no cáncer de páncreas. Ilustration de (R.Jaster, 2004).[1]

As células estreladas pancreáticas son células similares a miofibroblastos con forma estrelada presentes no páncreas, que poden cambiar dun estado quiescente a un estado activado. [2] Foron descubertas por Saotome et al en 1997 [3]. Teñen bastantes similitudes coas células estreladas hepáticas.

As células estreladas pancreáticas atópanse en áreas do páncreas exócrino arredor dos acinos (nos espazos periacinares) e supoñen arredor do 4 % das células pancreáticas no páncreas san. Os seus procesos citoplasmáticos, que lles dan o seu aspecto estrelado, rodean a base dos acinos. Tamén se atopan nas rexións perivasculares e periductais do órgano. Cando se activan migran ao lugar onde se produciu un dano no tecido, e participan nas actividades reparativas do tecido, secretando compoñentes da matriz extracelular como coláxeno de tipo I e III, fibronectina e laminina. Estas células conteñen gotas lipídicas que conteñen retinoides (vitamina A), que se perden durante a activación, e proteínas citoesqueléticas como a desmina e a proteína acídica fibrilar glial [4]

As células estreladas pancreáticas xogan un papel na patoxénese da pancreatite e do cáncer de páncreas. [1] [5] A pancreatite iníciase por un dano no tecido acinar, ductal, e/ou células mesenquimais do páncreas, e isto vai seguido por procesos patolóxicos como edema intersticial, necrose celular, activación intrapancreática da tripsina [6], infiltración de células inflamatorias, e a activación e proliferación das células estreladas pancreáticas.

As células estreladas pancreáticas son activadas por mediadores profibroxénicos, como o etanol [7] , metabolitos e citocinas/factores de crecemento. A perpetuación das células estreladas pancreáticas en condicións patolóxicas persistentes orixina fibrose pancreática. Na transdución dos sinais de activación están implicadas MAP quinases (mitogen activated protein kinases), e os ligandos PPARγ (peroxisome proliferator-activated receptor γ), que son receptores nucleares hormonais, inducen o fenotipo quiescente destas células [8].


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jaster R (October 2004). "Molecular regulation of pancreatic stellate cell function". Mol. Cancer 3 (1): 26. DOI:10.1186/1476-4598-3-26. PMC 524499. PMID 15469605. http://www.molecular-cancer.com/content/3//26.
  2. Omary MB, Lugea A, Lowe AW, Pandol SJ (January 2007). "The pancreatic stellate cell: a star on the rise in pancreatic diseases". J. Clin. Invest. 117 (1): 50–9. DOI:10.1172/JCI30082. PMC 1716214. PMID 17200706. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1716214.
  3. Saotome T, Inoue H, Fujimiya M, Fujiyama Y, Bamba T: Morphological and immunocytochemical identification of periacinar fibroblast-like cells derived from human pancreatic acini. Pancreas 1997, 14:373-382. PMID 9163784[1]
  4. Apte MV, Haber PS, Applegate TL, Norton ID, McCaughan GW, Korsten MA, Pirola RC, Wilson JS: Periacinar stellate shaped cells in rat pancreas: identification, isolation, and culture. Gut 1998, 43:128-133. [2]
  5. Longnecker DS: Pathology and pathogenesis of diseases of the pancreas. Am J Pathol 1982, 107:103-121. PMID 6175221 [3]
  6. Stevens T, Conwell DL, Zuccaro G. Pathogenesis of chronic pancreatitis: an evidence-based review of past theories and recent developments. Am J Gastroenterol. 2004 Nov;99(11):2256-70. PMID 15555009. [4]
  7. Apte MV, Phillips PA, Fahmy RG, Darby SJ, Rodgers SC, McCaughan GW, Korsten MA, Pirola RC, Naidoo D, Wilson JS: Does alcohol directly stimulate pancreatic fibrogenesis? Studies with rat pancreatic stellate cells. Gastroenterology 2000, 118:780-794. PMID 10734030 [5]
  8. Galli A, Crabb D, Price D, Ceni E, Salzano R, Surrenti C, Casini A: Peroxisome proliferator-activated receptor γ transcriptional regulation is involved in platelet-derived growth factor-induced proliferation of human hepatic stellate cells. Hepatology 2000, 31:101-108. PMID 10613734 [6]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]