Célula de Claudius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As células de Claudius son células de soporte para o órgano de Corti da cóclea ou caracol do oído interno. Estas células esténdense desde a posición das células de Hensen (situadas máis próximas ao órgano de Corti) ata o epitelio da prominencia espiral, formando o suco interno da cóclea.

As células de Claudius están en contacto coa endolinfa que enche a escala media da cóclea. Estas células están unidas unhas a outras por medio de unións herméticas de modo que están seladas unhas a outras e a endolinfa non pode fluír entre elas. No xiro inferior da cóclea, entre a membrana basilar da cóclea e as células de Claudius que dan á endolinfa interpóñense as células de Boettcher [1][2]

Fixéronse cultivos celulares con células de Claudius, que mostraron expresar a citoqueratina 18 en estudos de microscopía de fluorescencia indirecta.[3] As células de Claudius (e as adxacentes de Hansen) expresan na súa membrana proteína a acuoporina-4.[4]

Foron descritas en 1852 polo anatomista austríaco Friedrich Matthias Claudius (1822-1869).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kanazawa, A.; Sunami, K.; Takayama, M.; Nishiura, H.; Tokuhara, Y.; Sakamoto, H.; Iguchi, H.; Yamane, H. (2004). "Probable function of Boettcher cells based on results of morphological study: localization of nitric oxide synthase.". Acta Otolaryngol Suppl (554): 12–6. PMID 15513504. doi:10.1080/03655230410018444. 
  2. Anthony F. Jahn, Joseph Santos-Sacchi (8 February 2001). Physiology of the ear. Cengage Learning. pp. 274–. ISBN 9781565939943. Consultado o 26 May 2011.  [1]
  3. Melichar I, Gitter AH, Dartsch PC, Zenner HP. Characterization of marginal and Claudius' cells growing from cochlear explants in vitro. Hear Res. 1992 Sep;62(1):89-98. [2] PMID 1385378
  4. Thomas R. Van de Water, Hinrich Staecker. Otolaryngology: basic science and clinical review. 2006. [3]
  5. Merriam Webster dictionary