Cápsula articular glenoumeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cápsula da articulación glenoumeral

A cápsula articular glenoumeral é a cápsula articular da articulación glenoumeral, cubrindo por completo a articulación. Insírese na cavidade glenoidea da escápula e no pescozo umeral. É máis delgada nas partes superior e inferior e, a diferenza doutras cápsulas articulares, non mantén os ósos pegados, senón que permite unha separación de ata 2,5 centímetros. A laxitude da cápsula permite que a articulación teña moita maior amplitude de movementos.

Está reforzada na zona superior polo músculo supra-espiñal e na zona inferior polo tríceps braquial. Por detrás ten os tendóns do músculo infra-espiñal e redondo menor. Por diante, ten o tendón do músculo subescapular. Todos estes reforzos musculares axudan a manter a articulación estable e ao mesmo tempo ter unha mobilidade moi elevada.

Aperturas[editar | editar a fonte]

A cápsula posúe tres aperturas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.