Cándido Viñas Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Viñas Calvo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1978 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Viñas del Monte Editar o valor em Wikidata
IrmánsAvelina Viñas Calvo Editar o valor em Wikidata

Cándido Viñas Calvo, nado en Pontevedra en 1902 e finado na mesma cidade en abril de 1978,[1] foi un mestre e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Viñas del Monte e irmán da pintora Avelina Viñas Calvo[2]. Mestre. Comezou a publicar na década dos trinta, dándose a coñecer en 1934 con Horas huidas. A maior parte da súa poesía xira en torno a Pontevedra e a súa bisbarra. Colaborou nas revistas Finisterre, Sonata Gallega e Litoral. Publicou en 1972 o poemario Xoias e coitas da terra orballada, a súa primeira publicación en galego. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega[3].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Horas huidas: poemas (poesía; Vigo, 1934)
  • Tropel de ritmos (poesía; Pontevedra, 1935)[4]
  • Huellas en desorden. Poemas 1935-39 (poesía; Pontevedra, 1940)
  • Valleamar: 1940-1941 (poesía; Pontevedra, 1941)
  • La cima extraviada (poesía; Pontevedra, 1943)
  • Galas y gozos de Pontevedra (poesía; Pontevedra, 1945)
  • Caminando al sol de Galicia (poesía; Pontevedra, 1946)
  • Anacos (1950)
  • Río Lérez: poemas (poesía; Pontevedra, 1950; Segundo premio no Concurso literario do Centro Galego de Buenos Aires)
  • Gracia e ingenio de Pontevedra (1954)
  • Hombres y cosas de ayer y de hoy. Humorismo pontevedrés (relatos, 1967)
  • Presencia y gozo del humorismo gallego (1968)
  • En Galicia, una vez... (1969)
  • El cura de Ouriños y otros desvelos (1971)
  • Xoias e coitas da terra orballada (1972)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elena del Valle del Río en 1935[5]. Foi pai de Carlos e José María Viñas del Valle.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-4-1978, p. 45.
  2. Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta.
  3. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  4. Vázquez Fernández, J. (1 de xuño de 1936). "Tropel de ritmos. Nuevo libro de versos de Viñas Calvo". Martín Codax. p. 3. 
  5. El Pueblo Gallego, 10-9-1935, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]