Cáncaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a planta, para o caranguexo ver artigo centola.

Cáncaro
Prolećno cveće 3.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Ericales
Familia: Primulaceae
Tribo: Primuleae
Xénero: Primula
Especie: P. vulgaris
Nome binomial
Primula vulgaris
Huds.

O cáncaro[1] ou panqueixo (Primula vulgaris sinónimo P. acaulis )(L.) Hill) é unha especie de planta herbácea perenne da familia das primuláceas, de follas basais pilosas polo revés e flores amarelas. É común en Galiza nos valados, fragas e en xeral lugares frescos e sombrizos, preto dos ríos.

Tamén recibe os nomes dialectais de cáncere, cancro e primavera.

Distribución[editar | editar a fonte]

É nativa do oeste e sur de Europa (dende as Illas Feroe e Noruega até o sur de Portugal, e leste de Alemaña, Ucraína, Crimea, e os Balcáns), noroeste de África (Alxeria), e suroeste de Asia (Turquía e leste de Irán).[2][3]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha especie perenne, cunha roseta laxa de follas oblanceoladas a ovais, engurradas, irregularmente dentadas. Flores recendentes, de cor amarela pálida co centro máis escuro, que abrochan individualmente en rabiños áfilos de longos pelos, que saen da roseta foliar. Corola 2-4 cm de diámetro, con pétalos estendidos; cáliz tubular, angular, de lóbulos agudos lanceolados. Florea cedo na primavera, unha das primeiras flores que lo fai en Europa,de aí o nome inglés ("Primrose" que vén do francés antigo primerose e á súa vez do latín medieval prima rosa, significando primeira "rosa".[4])

Hábitat[editar | editar a fonte]

Medra en bosques, fragas, prados, ribeiras herbáceas, cantís e montañas. Normalmente preto dos ríos no sur de Galicia.

Flor na primavera.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Primula vulgaris foi descrita por William Hudson e publicado en Fl. Angl. 70 1762.[5]

Subespecies

Ten tres subspecies:

Sinonimia

En Galiza descríbese coma: Primula vulgaris Huds., Primula acaulis (L.) L. subsp. acaulis ou P. grandiflora Lam. - PLANELLAS 1852; MERINO 1906; PAU 1921; SILVA PANDO 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996; CASTROV. & al. 1997.

Pode hibridar coas primaveras mercadas doutras cores.

O cáncaro na cultura galega[editar | editar a fonte]

A seguir o poema de Juan Barcia Caballero:

  • Está o chan revestido / de soaviña de musgo verde alfombra / de cáncaros e rosas sementada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=8285
  2. Flora Europaea: Primula vulgaris
  3. Germplasm Resources Information Network: Primula vulgaris
  4. New Shorter Oxford English Dictionary, 1993
  5. Cáncaro en Trópicos
  6. Sinónimos en GRIN [1]
  7. Cáncaro en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]