Cámara de Faraday

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada a unha cámara de Faraday.

O nome de cámara de Faraday ou gaiola de Faraday procede do físico e inventor norteamericano Michael Faraday.

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo, evitando así os efectos dos campos electromagnéticos externos e internos, é dicir, illando o interior do exterior. O efecto da gaiola de Faraday ponse de manifesto na vida cotiá e explica por qué non funcionan os teléfonos móbiles nos ascensores ou por qué cando un raio cae nun coche, os ocupantes non sufren danos por electrocución.

Durante as décadas de 1980 e 1990, a gaiola de Faraday tivo especial importancia na protección das transmisións e informacións privilexiadas entre as grandes empresas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]