Cálico Electrónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cálico Electrónico é unha serie cómica de animación Flash distribuida gratuitamente a través de Internet.

Ambientada na metrópole de Electronic City, o protagonista é Cálico Electrónico, un superheroe totalmente atípico (baixiño, gordecho e sen superpoderes) de nacionalidade "aspañola" (parodiando a nacionalidade española) que arrisca decote a súa vida para salvar a cidade coa axuda dos trebellos que adquire na tenda "ElectrónicaWeb".

Ao comezo, o personaxe de Cálico era a mascota da páxina da empresa ElectrónicaWeb. Logo, nun intento de márketing, o personaxe obtivo a súa serie de animación propia, na que ten grande trascendencia a tenda ElectrónicaWeb. Hoxe en día, Cálico Electrónico ten unha sona sen precedentes na animación flash española, sendo visto mesmo noutros países e aparecendo nun grande número de eventos vencellados á animación en xeral.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

  • Cálico Electrónico: O seu verdadeiro nome é Cálico Jack e traballa coma limpador nunhas oficinas. Cando recibe o sinal (unha luz co seu símbolo proxectado no ceo, "CE") usa un arquivador para poñer o traxe de superheroe. Posúe un peculiar sentido do humor.
  • Muzamán: En realidade chámase Manuel Muzas (Muzy), é o dependente de ElectronicaWeb e axudante de Cálico. Son amigos dende a infancia. Ten un romance co seu parrulo de goma.
  • Ardorín: De nome Carlitos Jack. Fillo de Angelita Jack, a irmá de Cálico, quere ser coma o seu tío e este bautízao coma Ardorín. Cálico Lúbrico (o inimigo de Cálico Electrónico) engánao para levalo consigo e intentar destruir a Cálico. A maior característica de Ardorín é que non é capaz de pronunciar un so nome correctamente, dicindo decote "tito Musulmán" ou "Mazapán" a Muzamán ou "Cómico", "Cántico", "Calipo" ou "Cólico" ao seu tío Cálico. O único nome que sabe pronunciar ben é o de Cálico Lúbrico. Ardorín reaparece na serie "Orfos Electrónicos" para substituír a Cálico xunto con outros catro heroes.

Inimigos[editar | editar a fonte]

  • Inimigo Dixital: É o inimigo do primeiro capítulo, un robot xigante cun raio moi destructivo. Só apareceu en dous capítulos.
  • Ri-txars Invasores: Son uns seres extraterrestres cuxa intención é conquistar Electronic City. Van armados con pistolas de raios e aparecen en numerosos cameos e gags ao longo da serie. Caracterízanse por falar de forma divertida e por cantar a "Macarena" ao revés.
  • Lobishome: É se cadra o inimigo máis popular da serie debido aos seus cameos e á insistencia do produtor das tomas falsas de facelo máis fero, o que ocasiona que remate chorando porque según dí el trátano coma un can. É verdadeiramente choricas, cunha voz que non ten nada que ver coa súa condición de lobishome. Cobra maior importancia na serie de Orfos Electrónicos, onde tenta que o nomeen superheroe sen éxito. O Lobishome, cando non hai lúa chea, é Chemita, unha parodia do ex-presidente do goberno José María Aznar.
  • Nenos Mutantes de San Ildefonso: Son tres irmáns (dous nenos e unha nena) cun grande parecido ás Supernenas. Os seus nomes son Alarico, Witerico e Chindasvinta, inspirados nos nomes de reis da España visigoda (Alarico II, Witerico e Chindasvinto). Usan lanzafoguetes cuxa munición son bolas de lotería. Ao primeiro falan cantando igual ca os nenos de San Ildefonso pero logo o seu acento tórnase normal, a excepción de Alarico que ten unha voz de adicto ao cannabis. Roban á xente, fuman porros e repiten constantemente a súa frase "Joder hermano!". Son primos de Pisuka, superheroína protagonista de Orfos Electrónicos. Aparecen decote nas tomas falsas e son moi aplaudidos polos fans da serie. Dispoñen asemade dun capítulo no que son protagonistas xunto con Niko.
  • A Ladrona: Personaxe moi sensual do que Cálico está totalmente namorado (diríxese a ela coma "Petisa", diminutivo arxentino que significa "pequena").
  • Corretón: Andaluz que posúe un trebello que lle permite correr moi rápido. A súa maior afición é facerlle falcatruadas á xente xa que, ao correr a esa velocidade, non se decatan de que é el.
  • Cálico Lúbrico: É a antítese de Cálico Electrónico, aparece por primeira vez na segunda tempada, viste de vermello e ten unha voz máis aguda. Ten un odio irracional cara a Cálico. A súa orixe desvélase en Orfos Electrónicos.
  • Electrichín/Chinés/Chinés Eléctrico: Chinés que lanza raios coas mans. É un dos poucos inimigos que só sale nun capítulo.
  • Home Meteorosexual: Figurín que pretende desbancar a Cálico coma superheroe da cidade.
  • Pelusos Carambanales: Baseados nos Petisos Carambanales de Superlópez. Son arxentinos e teñen o cabelo coma Maradona. Reprodúcense moi rápido, chegando a invadir a cidade.
  • Machito Chileno e Alce voador: Inimigos contra os que ten que loitar Cálico en Pressing Cacho.
  • O Ventri Loco: Ventrílocuo que utiliza os seus monicreques para facer maldades.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Chacho Migué: Dependente xitano de Electroni Migué e competencia directa de ElectronicaWeb.
  • Jonathan Caballero: Reporteiro que acaba tendo problemas nunha das súas reportaxes.
  • Maiordomo: Personaxe que recrea ao cómico Chiquito de la Calzada
  • Doraemón e Nobita drogadicto (Donramon e Perchita): Parodia dos personaxes de debuxos animados Doraemon e Nobita onde o primeiro é un traficante de drogas con serios problemas coa xustiza e o segundo o seu cliente máis asiduo. A partir das cápsulas de xuño de 2008 pasaron a chamarse Donramon e Perchita, trocando Doraemon de azul a rosa e pasando Nobita a ser loiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]