Cáchira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cáchira é un concello colombiano, que se localiza no departamento de Norte de Santander.

Situado a 2.025 m sobre o nivel do mar, limita ao norte cos municipios de Abrego e Villa Caro, no sur co departamento de Santander, ao leste con Salazar e Arboledas e ao oeste con La Esperanza. O concello divídese en 2 correxementos e 58 veredas.

[editar] Historia

O nome procede supostamente dunha india chamada Cachara, que á chegada dos españois casou cun dos conquistadores. A cidade non se fundou oficialmente ata 1811 e recoñeceuse como municipio en 1897.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas