Enterrádeme o corazón en Wounded Knee
| Enterrádeme o corazón en Wounded Knee | |
|---|---|
| Título orixinal | Bury My Heart at Wounded Knee |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Yves Simoneau |
| Produtor | HBO Films Traveler's Rest Films Wolf Films |
| Guión | Daniel Giat |
| Baseado en | Bury My Heart at Wounded Knee de Dee Brown |
| Intérpretes | Aidan Quinn Anna Paquin Adam Beach August Schellenberg Colm Feore Eric Schweig J.K. Simmons Wes Studi Gordon Tootoosis Shaun Johnston Nathan Lee Chasing His Horse |
| Música | George S. Clinton |
| Fotografía | David Franco |
| Montaxe | Michael D. Ornstein |
| Estudio | HBO Films |
| Distribuidor | HBO |
| Ano | 2007 |
| Duración | 133 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama Histórico, Bélica |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (na versión orixinal inglesa Bury My Heart at Wounded Knee) é un filme para televisión dirixido por Yves Simoneau que foi estreado en 2007. Trátase dunha adaptación da novela homónima de Dee Brown, que á súa vez está baseada nos feitos reais que orixinaron a Masacre de Wounded Knee.
Índice |
[editar] Argumento
A historia comeza coa vitoria dos Sioux sobre o Xeneral Custer en Little Big Horn e desenrólase dende a perspectiva de tres personaxes: Charles Eastman (Adam Beach), un xove médico educado polos brancos que é o exemplo vivente da integración; Touro Sentado (August Schellenberg), o xefe Dakota que non se deixa someter pola autoridade dos policías do goberno de Estados Unidos que intentan quitarlles a súa propia identidade, a súa dignidade e as súas terras sagradas; e o senador Henry Dawes (Aidan Quinn), quen é un dos creadores da política relativa ós indios. Namentres Eastman e a profesora Elaine Goodale (Anna Paquin) traballan para mellorar a vida dos indios da reserva, o senador Dawes tenta convencer ó presidente Grant (Fred Thompson) para que lles de un trato máis humano, fronte á proposta bélica do Xeneral William Tecumseh Sherman (Colm Feore). A esperanza reside para os indios na persoa do profeta Wovoka (Wes Studi) e a Danza dos Espíritos, un movemento que promete a fin dos seus sufrimentos a causa do home branco. Esta esperanza é esmagada tralo asasinato de Touro Sentado e a masacre de centos de homes, mulleres e nenos indios polo sétimo de cabalería en Wounded Knee o 29 de decembro de 1890.
[editar] Personaxes
- Anna Paquin como Elaine Goodale
- Chevez Ezaneh como Ohiyesa / Charles Eastman xove
- August Schellenberg como Touro Sentado
- Aidan Quinn como Senador Henry L. Dawes
- Colm Feore como Xeneral William Tecumseh Sherman
- Fred Thompson como Presidente Ulysses S. Grant
- Nathan Lee Chasing His Horse como One Bull
- Brian Stollery como Henry Benjamin Whipple
- Shaun Johnston como Nelson A. Miles
- Gordon Tootoosis como Nube Vermella
- Billy Merasty como Home xove temeroso
- Morris Birdyellowhead como American Horse
- Eddie Spears como Chasing Crane
- Sean Wei Mah como Bull Head
- Eric Schweig como Xefe Gall
- Jimmy Herman como Yellow Bird
- Patrick St. Esprit como James Morrow Walsh
- Adam Beach como Charles Eastman
- J.K. Simmons como James McLaughlin
- Wes Studi como Wovoka/Jack Wilson
- Marty Atonini como James W. Forsyth
- Lee Tergesen como Daniel F. Royer
[editar] Galardóns e nomeamentos
- 2007: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor miniserie ou filme para TV.
- 2007: Emmy: Mellor telefilme. 17 Nomeamentos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)