Buru
| Buru | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Molucas |
| Linguas | |
| Poboación (2003) | 124.084 hab. |
| Superficie | 9,505 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 3°24′S 126°40′E / 3.4°S 126.667°E |
| Maior Altura | 2729 m. Gunung Kaplamada |
| Localización | |
Buru é unha illa indonesia pertencente ás Molucas, situada ao oeste de Ceram e Ambón. Na súa costa nororiental atópase a súa cidade e porto principal, Namlea.
[editar] Xeografía
Con 9.505 km², Buru é a terceira illa máis grande das Illas Molucas. O centro da illa é montañoso, cunha plana chaira costeira, onde viven un oitenta por cento dos seus 124.084 habitantes (2003). O punto máis alto é o Gunung Kaplamada en 2729 m.
Ébano, teca, sagú, e cocos son produtos maís importantes.
[editar] Historia
Antes da colonización holandesa, Buru estaba dentro do reino de Ternate. A illa foi ocupada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais (COV) en 1658. Os colonos trasladaron pola forza a gran parte da poboación dos seus pobos do interior á chaira costeira, onde poderían estar máis estreitamente controlados. No século XIX, o control do goberno pasa da COV aós oficiais holandeses, os neerlandeses nomean líderes indíxenas, chamados raja en Buru, para administrar a illa para eles.
Buru converteuse nunha parte de Indonesia logo da independencia da nación en 1950. Durante a administración do presidente Suharto (1965-1998), a illa foi o lugar de explotación de campos de prisioneiros supostamente comunistas e outros disidentes. En 1977, ao redor de catorce mil prisioneiros residian na illa. O máis famoso dos internos foi o autor Pramoedya Ananta Toer. Sen lapis nin papel, compuxo as historias que se convertiron no seu Cuarteto de Buru, contandoas verbalmente a os outros prisioneiros.
Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade dacabalo entre o Sueste asiático e Oceanía. Nela viviu unha subespecie da Lechuza de Campanario de Tanimbar, que se cre extinta na actualidade.