Burro de las Encartaciones
O burro de las Encartaciones, é unha raza autóctona de burros propia do País Vasco, cunha distribución reducida ó val do mesmo nome, na parte occidental de Biscaia, e zonas limítrofes, ata o noroeste de Álava.
Índice |
[editar] Descrición
Son animais de pequeño tamaño: como máximo 120 cm de alzada á cruz, pero coa resistencia propia de calquera burro, de capa castaña clara co listón característico nas paletas e liña dorsal. Presenta tamén as típicas degradacións de cor ó redor do fociño e dos ollos, e nas axilas, ventre e bragada. As orellas son pequenas, en comparación con outras razas.
[editar] Protección
O censo actual está ó redor dos cen reprodutores [1].
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñece como entidade de criadores de équidos [[2]], concretamente do asno de las Encartaciones, a Asociación para la Defensa del Asno de las Encartaciones (ADEBUEN), creada en 1996 e domiciliada en Garai (Biscaia). Existe un proxecto de creación dunha reserva desta especie en Gordexola (Biscaia).
[editar] Véxase tamén
- Burro (artigo principal [3])
- Asno andaluz (e o burro majorero, unha variante).
- Burro zamorano-leonés.
- Burro catalán (a e raza mallorquina, unha variante).