Buriatia
| Буряад Республика (buriato) Республика Бурятия (ruso) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Buriatia (en ruso Респу́блика Буря́тия, Respúblika Buriàtia; en buriato Буряад Республика, Buriaad Respúblika) é unha república (suxeito federal) asiática da Federación Rusa, situada na rexión centromeridional de Siberia, na beira oriental do lago Baikal. Segundo o censo de 2002 tiña unha poboación de 981.238 habitantes, nunha extensión de 351.300 km². A capital é Ulan-Udé.
Limita, dentro de Rusia, ao norde e ao leste coa provincia de Irkutsk e o lago Baikal, ó suroeste coa república de Tuva e ao leste coa provincia de Tchita. Ó sur limita con Mongolia.
Índice |
Xeografía [editar]
O 80% do territorio é montañoso; ó suroeste álzanse as montañas Saian, que culminan no Munku Sardik (3.491 m), na fronteira con Mongolia. Ao leste do lago Baikal atópanse as montañas Iablonovi. As principais unidades de relevo son:
- O altos de Selenga (Sëlëngë), ao sur (1.800-700 m).
- Os Vostochny Saians, ao leste, co Munko-Sardyk / Münxë Sar'dag xada (3.491 m), o punto máis alto do país, e o Munku Sasan (3.164 m).
- A rexión montañesa do Baikal, cos complexos montañosos de:
- Hamar Daban, co Han Ula (2.371 m) e Sohon (2.316 m).
- Ulan Burgasy.
- Chikokorsky Hrebet, co Barun-Shabartuj (2.519 m).
- Onon Baldzinsky Hrebet, con 1.741 m.
Os ríos principais son o Selenga (Sëlëngë müren), Barguzin (Bargazhan), Udá, Verkhnaia Angara (afluentes do Baikal), Vitim (do Lena) e Irkut, Oka e Kitoi (Süxë gol) (do Ienissei). E ademais do Baikal (Bajgal nuur), o 60% da liña de costa do cal pertence á república, hai outros lagos, como o Gusinoe Ubukun (Galuuta), Baunt, Barguzin e Severnyi Baikal. Tamén hai máis de 300 arshans (fontes de auga termal).
A temperatura media anual é de -1,6 °C,sendo a media do inverno de -22 °C e a media de verán de 18 °C.
Economía [editar]
Os recursos naturais de Buriatia son o ouro, o tungsteno, o cinque, o uranio e outros. A economía da república está baseada en importantes produtos agrícolas e comerciais que inclúen ó trigo, ás hortalizas, á madeira, á pel, ó grafito e ós textís. A pesca, a caza, a gandería, a miñeiría e a industria alimentaria, entre outros, tamén teñen a súa importancia económica.
Poboación [editar]
- Poboación: 981.238 (2002)
- Urbana: 584.970 (59,6%)
- Rural: 396.268 (40,4%)
- Masculina: 467.984 (47,7%)
- Femenina: 513.254 (52,3%)
- Grupos étnicos
Segundo o censo ruso de 2002, os rusos eran arredor dos dous terzos da poboación da república, mentres que os buriatos eran tan só o 27,8%. Outros grupos son os ucraínos (1,0%), tátaros (0,8%), e outros con menos do 0,5% da poboación.
| Censo de 1939 | Censo de 1959 | Censo de 1970 | Censo de 1979 | Censo de 1989 | Censo de 2002 | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Buriatos | 116.382 (21,3%) | 135.798 (20,2%) | 178.660 (22,0%) | 206.860 (23,0%) | 249.525 (24,0%) | 272.910 (27,8%) |
| Soiots | 2.739 (0,3%) | |||||
| Rusos | 393.057 (72,0%) | 502.568 (74,6%) | 596.960 (73,5%) | 647.785 (72,0%) | 726.165 (69,9%) | 665.512 (67,8%) |
| Ucraínos | 13.392 (2,5%) | 10.183 (1,5%) | 10.769 (1,3%) | 15.290 (1,7%) | 22.868 (2,2%) | 9.585 (1,0%) |
| Tátaros | 3.840 (0,7%) | 8.058 (1,2%) | 9.991 (1,2%) | 10.290 (1,1%) | 10.496 (1,0%) | 8.189 (0,8%) |
| Evenkis | 1.818 (0,3%) | 1.335 (0,2%) | 1.685 (0,2%) | 1.543 (0,2%) | 1.679 (0,2%) | 2.334 (0,2%) |
| Outros | 17.277 (3,2%) | 15.384 (2,3%) | 14.186 (1,7%) | 17.630 (2,0%) | 27.519 (2,7%) | 19.969 (2,0%) |
O buriato é a lingua oficial xunto co ruso.
Váxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial de Buriatia (en inglés)
- Páxina oficial de Buriatia (en ruso)
- Páxina oficial de Buriatia (en buriato).
- Páxina oficial da Academia Estatal de Agricultura de Buriatia (en varias linguas)
- A república de Buriatia (en inglés)