Burato supraescapular
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Burato supraescapular | ||
|---|---|---|
| Omoplata esquerda, superficie dorsal | ||
| Latín | Incisura scapulae | |
| Gray | tema #50 204 | |
O burato supraescapular é un orificio do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. É o lugar por onde pasan as estruturas entre a base do pescozo e a rexión posterior da escápula. Está formado pola escotadura supraescapular da escápula e o ligamento transverso da mesma, que convirte a escotadura en burato.
Pasa por el o nervio supraescapular. A arteria supraescapular e a vea supraescapular soen acompañar ao nervio, pero na maior parte dos casos pasan xunto ao ligamento, sen meterse polo burato.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)