Bunbury, Australia Occidental
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bunbury.
| Mapa | |
|---|---|
| Información | |
| País | |
| Estado | |
| Data de establecemento: | 1836 |
| Superficie | 138,7 km2 |
| Poboación | 57.744 |
| Densidade | 396 hab/km² |
| www.bunbury.wa.gov.au | |
Bunbury é unha cidade portuaria australiana localizada no estado de Australia Occidental. Sitúase aproximadamente a 175 km ao sur de Perth, capital do estado. A súa poboación é de 57.744 habitantes, sendo a terceira do estado, por detrás de Perth e Mandurah.
Bunbury foi o lugar de nacemento do primeiro Premier de Australia Occidental e explorador John Forrest.