Bulmer Hobson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Bulmer Hobson, nado en Belfast en 1883 e finado en Castleconnell, condado de Limerick, en 1969, foi un político e escritor irlandés.

Traxectoria [editar]

Foi membro destacado dos Voluntarios Irlandeses e da Irmandade Republicana Irlandesa antes do Alzamento de Pascua de 1916. Malia ser membro da organización que preparou a rebelión, opúxose a ela dende o primeiro momento e xunto a Eoin MacNeill tentou evitar que se levase a cabo.

Como escrritor publicou as obras A short history of the Irish Volunteers (1918), The letters of Wolf Tone (1920) e The life of Wolf Tone (1921).

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]