Bucuresti Oaks
| Nome completo | Bucureşti Rugby | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 2004 | ||
| Localización | Bucarest, Romanía | ||
| Estadio(s) | Stadionul Naţional de Rugby | ||
| Capacidade | 5.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | European Challenge Cup | ||
| Tempada | 2008-09 | ||
| Posición | 4º do seu grupo | ||
| www.munsterrugby.ie Páxina web oficial | |||
|
|||
O Bucureşti é un equipo de rugby romanés que compite na European Challenge Cup. O equipo fórmase cada tempada para competir na European Challenge Cup e está formado por unha selección dos mellores xogadores romaneses da liga romanesa.
[editar] Historia
O primeiro partido do equipo tivo lugar na tempada 2005-06, cunha derrota na súa casa fronte ao Toulon por 16 a 20. Na segunda xornada, o Bucureşti sufríu a súa maior derrota europea ao caer por 106-3 fronte ao Gloucester, mais o club mellorou nos seguintes catro encontros, rematando coa súa primeira vitoria a domicilio fronte ao Toulon na sexta xornada por 17-23. Esa tempada finalizou na terceira posición con 5 puntos, por diante do Rugby-Club Toulonnais.
Na tempada 2006-07, o Bucureşti derrotou no seu estadio ao Aviron Bayonnais na segunda xornada por 32-27, e finalizou a tempada nun meritorio terceiro posto con 8 puntos, por diante do equipo vasco-francés.
A tempada 2007-08 da Challenge Cup foi a mellor realizada polo equipo romanés con dúas vitorias no seu estadio (na terceira xornada fronte ao US Montauban por 19-17, e na quinta xornada fronte ao Gran Parma Rugby por 21-20) e cun empate a 23 na súa visita a Parma na segunda xornada. Nóvamente finalizou a tempada na terceira praza do seu grupo na segunda competición en importancia do rugby europeo cun total de 10 puntos.
O equipo só acadou unha vitoria na tempada 2008-09, este triunfo o conseguíu na cuarta xornada en Padua fronte ao Petrarca Rugby por 15 a 17, finalizando na derradeira posición do seu grupo con 5 puntos.
A tempada 2009-10 comezou cunha vitoria na casa fronte ao Overmarch Parma, aínda que finalizou na cuarta praza do seu grupo con 7 puntos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns
- Bucureşti Rugby en ercrugby.com
- Rugby de Romanía