Bryan Sykes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bryan Sykes, nado o 9 de setembro de 1947, é un profesor británico de xenética na Universidade de Oxford.
[editar] Traxectoria
Publicou a súa primeira pescuda sobre ADN de restos arqueolóxicos na revista Nature en 1989. Participou da pescuda do caso Ötzi (unha momia dos Alpes de Ötztal), así como da pescuda feita a persoas que pretendían ser membros da familia real dos Romanov. Sykes é coñecido polos seus libros de ciencias e como fundador dunha firma de probas de xenética chamada Oxford Ancestors.
Así mesmo levou a cabo estudos sobre o celtismo.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ancient Britons come mainly from Spain, no Daily Mail o 20 de setembro de 2006. (en inglés)
- Oxford Ancestors website (en inglés)