Bruxelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bruselas")

A Cidade de Bruxelas (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é a capital oficial[1] de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Bruxelas
Coat of Arms of Brussels.svg
Bandeira Escudo
Mapa
BelgiumBrussels.png
Información
País Flag of Belgium.svg Bélxica
Rexión Bruxelas-Capital
Superficie 32.61 km2
Poboación 153.659 (2007)
Densidade 4.440 h/km²
Alcalde Freddy Thielemans
Cattedrale Bruxelles.jpg
www.bruxelles.be Páxina oficial
Concello de Bruxelas

Índice

Bruxelas na actualidade[editar]

A Cidade de Bruxelas é o máis grande dos 19 municipios que compoñen a rexión de Bruxelas-Capital, unha das tres rexións, xunto con Flandres e Valonia en que está dividida Bélxica. A primeiros de xaneiro de 2006, a cidade tiña unha poboación de 153.659 habitantes.

Aínda que oficialmente a Cidade de Bruxelas é a capital de Bélxica, na práctica é a Rexión de Bruxelas-Capital a que exerce como tal, como tamén é a capital das comunidades francófona e flamenga de Bélxica, a rexión tiña unha poboación de 1.067.162 habitantes, nunha área de 161 km², o que lle confire unha densidade poboacional de 6.601 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se estende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1.774 mil habitantes.

Linguas[editar]

Bruxelas é unha cidade oficialmente bilingüe; unha maioría dos habitantes teñen como lingua o francés (85-90 %), e unha minoría importante ten o neerlandés (10-15%). O holandés, na súa variedade brabanzoa, é a lingua histórica de Bruxelas[2] . O francés foi durante séculos apenas falado pola alta-burguesía e a nobreza. Tornouse unha lingua popular durante o dominio de Francia, e despois de 1830, coa inmigración de moitos franceses (algúns deles revolucionarios) e moitos valóns, atraídos polas novas autoridades belgas.

Universidades[editar]

Bruxelas ten varias universidades, dúas das cales son a Université Libre de Bruxelles (ULB) e a Vrije Universiteit Brussel (VUB).

Notas[editar]

  1. Artigo 194 da Constitución de Bélxica
  2. Brussels Encyclopædia Britannica.

Véxase tamén[editar]

Estatua de Europa (xardín Van Maerlant)
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas[editar]