Bruno Mars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruno Mars
Bruno Mars, Las Vegas 2010.jpg
Nome completo Peter Gene Hernández
Alias
Naceu 8 de outubro de 1985
Orixe Honolulu, Hawai
Morreu {{{morreu}}}
Ocupación (s) cantante
Xénero pop, soul, R&B e reggae fusion
Instrumento(s)
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo 2005 - presente
Web

Peter Gene Hernández,[1] coñecido polo nome artístico de Bruno Mars, nado o 8 de outubro de 1985 é un cantante e músico de pop, soul, R&B e reggae fusion estadounidense de ascendencia filipina pola vía materna e portorriqueña pola vía paterna. Criado en Honolulu, Hawai por unha familia de músicos, Mars empezou a facer música a unha idade xoven (aos 2 anos). Tras actuar en diversos espectáculos musicais na súa cidade natal durante toda a súa infancia, decidiu seguir unha carreira musical e trasladouse a Os Ánxeles logo de graduarse da escola secundaria. Mars comezou a producir cancións para outros artistas, ao unirse ao equipo de produción The Smeezingtons.

Logo dunha tempada sen éxito con Motown Records, Mars asinou con Atlantic Records en 2009. Chegou a ser recoñecido como artista en solitario despois prestar a súa voz e haber co-escrito os coros para as cancións "Nothin' on You" de B.o.B, e "Billionaire" de Travie McCoy. Tamén co-escribiu os éxitos internacionais "Right Round" de Flo Rida, "Wavin' Flag" de K'naan e Fuck You! de Cee O Green. O 4 de outubro de 2010, lanzou o seu álbum debut, "Doo-Wops & Hooligans". Logrou colocar no primeiro posto os seus sinxelos Just the Way You Are]] e Grenade ao redor do mundo. Foi nomeado a sete premios Grammy nos 53rd Grammy Awards, gañando na categoría Best Male Pop Vocal Performance (Mellor Interpretación Vocal Pop Masculina por "Just the Way You Are").

Notas [editar]