Brugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brugal é o nome e a marca comercial dunha gran variedade de rons da República Dominicana, producidos por Brugal & Co., C. por A en tres plantas de destilación, unha en Puerto Plata e dúas en San Pedro de Macorís. Xunto con Barceló e Bermúdez, son coñecidos como "as tres B's".

Historia[editar | editar a fonte]

Andrés Brugal Montaner era un emigrante de Sitges (Cataluña) do século XIX. Despois de estar en Santiago de Cuba, decidiu marchar á República Dominicana e ter a residencia permanente en Puerto Plata. Durante a súa estancia en Cuba adquirira experiencia na fabricación de ron, e en base a esa experiencia fundou en 1888 Brugal & Co. en Puerto Plata, marcando así o inicio dunha longa tradición familiar, converténdose no pioneiro do liderazgo empresarial na sociedade dominicana.

En 1920 construíronse os primeiros almacéns para o envellecemento do ron en barricas de carballo. En 1976, xunto con Extraviejo, a empresa desenvolveu o segmento Ron Premium na República Dominicana. En 1998, Brugal & Co. lanzou as variedades Brugal Limón, Pasión e Brugal Unico. En 2005 a compañía lanzou barrís de aceiro de 5 litros para as marcas de menor nivel.

En febreiro de 2008 Brugal & Co. foi adquirida polo grupo escocés de destilación Edrington. A adquisición dun 60 % das accións supuxo o desembolso duns 200 millóns de euros.

Na actualidade, o presidente Franklin Baez Brugal e a maioría dos membros da xunta directiva son descendentes directos do fundador da empresa.

Expansión e operacións[editar | editar a fonte]

A empresa estendeuse a moi diversas áreas, como o gando, agricultura, ecoloxía, veterinaria e produtos farmacéuticos, a distribución de licores de sona internacional e as bebidas alcohólicas, ferraxería, produción doutras bebidas alcohólicas e patrocinio de institucións involucradas no eido social.

Brugal ten fábricas en Puerto Plata, pero a distribución e as oficinas de comercialización están situadas en Santo Domingo, cunha oficina rexional en Santiago de los Caballeros. Brugal ten presenza internacional en illas do Caribe, os Estados Unidos, Canadá e Europa, onde España e Italia son os maiores consumidores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]