Bruce Condé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBruce Condé
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Condado de Orange, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xullo de 1992 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Bruce Condé, nado en San Juan Capistrano (California) o 5 de decembro de 1913 e finado en Marrocos o 20 de xullo de 1992, foi un aventureiro norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu educación universitaria nos Ánxeles e foi profesor en diversas academias militares dos Estados Unidos antes da segunda guerra mundial, durante esta loitou en África do Norte e nas Ardenas chegando a capitán. Unha vez se renderon os alemáns foi destinado ó Pacífico co grao de comandante, máis logo pasou a servizo de contrainformación das Forzas Aéreas (USAF).

Tras deixar o exército nada se sabe del ata que aparece no Iemen, alí adoptou a súa cidadanía e a relixión islámica. Tras servir á monarquía iemení foi expulsado en 1958 para establecerse no Líbano como correspondente de Linn's Stamp News.

En 1963 foi nomeado conselleiro postal de Sharjah, abriu a primeira oficina postal do país e emitiu os primeiros selos deseñados polo propio Condé. Tras o derrocamento do xeque Al Qasimi volveu ó Iemen como xeneral do Exército Real e asesor postal, alí deseñou e emitiu gran variedade de selos cunha política filatélica que levaron a que o propio goberno do Iemen negase a lexitimidade ós seus selos e cancelacións. De novo Condé marchou para o Líbano onde seguiu a emitir selos fraudulentos do Iemen co propósito de enganar ós coleccionistas. Instalouse por un tempo en Granada e pasou os seus últimos anos en Marrocos.