Bruce Beresford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBruce Beresford

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Paddington, Australia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sydney Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor , realizador , produtor de cinema , guionista , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVirginia Duigan
Premios

Páxina webbruceberesford.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000915 Allocine: 4855 Allmovie: p81500 TCM: 14308 Editar o valor em Wikidata

Bruce Beresford, nado en Sidney o 16 de agosto de 1940 é un director de cinema australiano

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beresford estudou na Universidade de Sydney, onde se graduou en 1964. Marchou entón a Inglaterra para buscar traballo no cinema. Ao non lograr un emprego contestou un anuncio que procuraba montador en Nixeria, onde traballou dous anos, en Enugu. Volveu entón a Inglaterra, producindo curtametraxes a directores noveis.

En 1970 volveu a Australia e dirixiu a súa primeira longametraxe, The Adventures of Barry McKenzie. Estableceu unha reputación como un dos mellores directores do país con filmes como Don's Party, The Getting of Wisdom, The Club e Breaker Morant.

Tralo éxito de Breaker Morant marchou a Hollywood. Con Tender Mercies conseguiu a súa única candidatura ao Oscar ao mellor director e Paseando a Miss Daisy gañou o Oscar ao mellor filme.

En 2012 dirixiu a ópera de Erich Wolfgang Korngold Die tote Stadt.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]