Broa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pan de broa galego
Broa típica do Ceará (Portugal).

A broa (ou boroa) é un tipo de pan tradicional feito con millo (pan de millo) típico de Galiza, Portugal e o Brasil (co mesmo nome nos tres países). Faise cunha mestura de fariñas de millo e trigo, ou millo e centeo (como a broa de Avintes), e fermento.

No Brasil adóitase adubar con fiúncho, e varía un chisco da receita do cornbread típico do sur dos Estados Unidos, xa que leveda con fermento natural e non químico.

Este pan ten un sabor e textura rústicos o que o fai axeitado para acompañar sopas, especialmente o caldo galego e portugués de verduras feito con verzas, repolo, pataca e chourizo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O substantivo broa deriva do vocábulo da lingua gótica brauth, que significa "pan"[1]. De aí bread no inglés actual.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]