Bridget Catherine Regan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bridget Catherine Regan, nada no condado de San Diego (California) o 3 de febreiro de 1982, é unha actriz estadounidense.

Carreira[editar | editar a fonte]

Bridget graduouse na Escola de Artes da Universidade de North Carolina.

Dende o 2006, Regan apareceu en varias películas e programas de televisión. Entre as suas aparicións encuentranse a súa participación nas series The Wedding Album (2006) e Supreme Courtships (2007). Tamén apareceu coma invitada nas series Love Monkey , Law & Order: Criminal Intent, American Experience, Six Degrees, The Black Donnellys e New Amsterdam. No cine aparecu en Blinders no 2006, The Babysitters no 2007 e Sex and the City no 2008.

No 2008 Bridget obtivo o seu primer papel estelar coma unha das actrices principais na serie Legend of the Seeker, unha serie baseada na serie de libros de Terry Goodkind; na serie Regan interpreta á Confesora Kahlan Amnell. Actualmente a serie está na súa segunda tempada.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Personaxe Notas
2006 Love Monkey Woman xunto a Tom Cavanagh
2007 Supreme Courtships Holly xunto a Shane West, Erin Cahill e Kate Burton
2007 The Black Donnellys Trish Hughes Aparece en 4 episodios
2007 Six Degrees Diana Foss No episodio "A Simple Twist of Fate"
2007 The American Experience Angelica Shippen No episodio "Alexander Hamilton"
2006 - 2007 Law & Order: Criminal Intent ADA Claudia Shankly Xunto a Vincent D'Onofrio e Kathryn Erbe - Nos episodios "Silencer" e "Masquerade"
2008 New Amsterdam Daphne Tucker xunto a Nikolaj Coster-Waldau e Alexie Gilmore - No episodio "Keep the Change"
2008 - 2010 Legend of the Seeker Kahlan Amnell xunto a Craig Horner, Bruce Spence, Tabrett Bethell, Jay Laga'aia e Craig Parker

Películas[editar | editar a fonte]

Ano Programa Personaxe Notas
2006 Blinders Vivian xunto a Michael Rodrick
2006 The Wedding Album Kate -
2007 The Babysitters Tina Tuchman xunto a John Leguizamo e Cynthia Nixon
2008 Sex and the City Hostess xunto a Kristin Davis
2010 The Best and the Brightest Robin xunto a Neil Patrick Harris e Christopher McDonald