Bridge of Allan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBridge of Allan
Imaxe

Localización
Mapa
 56°09′18″N 3°56′29″O / 56.1549, -3.9415Coordenadas: 56°09′18″N 3°56′29″O / 56.1549, -3.9415
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloStirling (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.380 (2016) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalFK9 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Bridge of Allan (a ponte do Allan) é unha vila do distrito de Stirling, no centro de Escocia, inmediatamente ao norte da vila de Stirling. Antigamente pertencía ao condado de Stirlingshire e ao Consello Rexional da Escocia Central. Ten uns 17,3 kms2 e 6.604 habitantes (censo de 2004). Conta ademais estación de tren e acolle nos seus terreos a sede da Universidade de Stirling.

Historia[editar | editar a fonte]

Os Maeatae habitaban a bisbarra durante a Idade de Ferro e foron eles os que construíron o castro próximo. A antiga vila consistía en sete pequenos clach'an: Bridge End, Kierfield, Old Lecropt, Pathfoot, Logie, Corntown e Milne of Airthrey. Estes lugares estaban bastante afastados e as comunicacións entre os seus habitantes non eran boas.

O espazo que agora ocupa a moderna Bridge of Allan esténdese dende o clach'an de Logie ata a Universidade de Stirling, cruzando por riba do río Allan Water. A primeira vez que aparece mencionado por escrito é nun foro do rei David I de Escocia e onde se terza na disputa entre as monxas de North Berwick e os frades da Abadía de Dunfermline sobre os décimos de Airthrey e de Corntown.Se ben non ten data, estímase que será de ao redor de 1146.

Unha estreita e alongada ponte de pedra construíuse en 1520 para substituír o vello van sobre o Allan. Subía abruptamente dende a ribeira e igualmente descía bruscamente cara ao outro lado. Pouco despois unhas poucas casiñas comezaron a aparecer nos cabos da ponte e o núcleo de Bridge of Allan foise formando pouco e pouco. Abrírase unha mina nos bosques de antes da ponte, que estivo traballando en cobre, prata e ouro ata aproximadamente o ano 1550.

Contra a metade do século XVII, as terras de Airthrey pasan a pertencerlles aos Grahams, parentes do marqués de Montrose. James Graham, primeiro marqués de Montrose pelexou a prol do rei durante a guerra civil inglesa, e en 1645, o exército do duque de Argyll que pasaba por Airthrey cara á batalla of Kilsyth, prendéronlles lume ás terras.

Os xacobitas estiveron en Bridge of Allan en 1745, onde 300 highlanders puxeron un obstáculo na ponte e instauraron unha peaxe para os camiñantes.

Alexander Henderson, o laird de Westerton, redactou un plan de como quería que estivese urbanizada a vila en 1850. O seu proxecto abranxía espazosas rúas entre campos e bosques. Tamén mandou erguer unha fonte na rúa Market Street, e o seu interese fixo que anos despois a rúa principal da vila levase o seu nome. A mediados do século XIX fóronse construíndo elegantes pazos de pedra nas rúas máis amplas, con numerosas habitacións para hóspedes a medida que Bridge of Allan ía converténdose en balneario.

Entre os seus habitantes máis ilustres contou Bridge of Allan con Robert Louis Stevenson, que pasaba todos os veráns da súa mocidade alí.

Os Xogos Strathallan[editar | editar a fonte]

O primeiro domingo de agosto celébranse os Xogos Strathallan. Creados en 1852 por Alexander Henderson, os xogos atraen a centos de atletas, gaiteiros e bailaríns das Terras Altas.

Edificios de interese[editar | editar a fonte]

Igrexas[editar | editar a fonte]

Hai dúas igrexas na vila, unha xusto en fronte da outra, e no cruzamento entre as rúas Keir Street e Fountain Road. A Igrexa Episcopal Escocesa xúntase no templo de St Saviour (San Salvador), erguido en 1854. Da outra beira da rúa está a Parroquial de Bridge of Allan, a sede local da Igrexa de Escocia, formada ao fusionárense as congregacións desta coa de Chalmers (que está na rúa Henderson), que pechou en 2004. Na súa decoración interior pódense atopar obras do arquitecto e deseñador de Glasgow Charles Rennie Mackintosh.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]