Brida (electricidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bridas de distintos tipos e cores.

Brida é unha peza de plástico, xeralmente nailon, empregada para suxeitar e xuntar cables, tubos ou pezas de feito temporal ou permanente. O nome ven das pezas empregadas para unir tubarías.

Actualmente as bridas, empregadas en primeiro momento en electricidade, pasaron a se empregar en moitos outros sectores como fontanería, xardinaría ou mesmo por policías e militares a xeito de esposas para deter xente.

Orixes[editar | editar a fonte]

A orixe das primeiras patentes de bridas son de 1958 baixo marca de Ty-Rap pola compañía eléctrica Thomas & Betts. Eran deseños para suxeitar os cables aos soportes nos avións. O deseño orixinal consistía nun soporte de metal. Máis tarde o deseño evolucionou na vez por poliamida PA6.6 (nailon). Anteriormente os cables suxeitábanse con cordóns, de xeito similar a como se atan os chourizos. O cordón daba unha volta ao redor do feixe de cables e continuaba unha distancia ata a seguinte atadura. O bo uso do sistema dependia de atar cada feixe ben preto e manter esa tensión en todo o feixe de cable que se suxeitaba. Se era necesario unha reparación ou rompía calquera fío podía desfacerse o feixe. As bridas pasaron a individualizar cada suxeición o que garantía un bo atado aínda que fallase algunha das bridas e facilitaba as reparacións.

Descrición[editar | editar a fonte]

Unha brida (en verde) e a sección do sistema de subxección (en azul).
Uso de bridas (de cor negra) suxeitando feixes de cables nun Airbus-A320.

As bridas empregadas actualmente son de naylon, plástico, ou metal. Compóñense dunha cremalleira sobre a cal escorrega unha peza que fai de tope, permite a xeitar o peche e a presión sobre o feixe. As bridas miden dende uns centímetros ata máis dun metro dependendo do uso que se faga delas.

O uso maioritario de poliamida 6.6 ten múltiples vantaxes:

  • Autoextinguible
  • Alta resistencia, rixidez e dureza
  • Alta estabilidade dimensional tamén exposta á calor
  • Alta resistencia á abrasión, excelente resistencia aos alcalis, aceites, produtos derivados do petróleo ou graxas

Normativa[editar | editar a fonte]

Bridas para o marcado dos cables.

As bridas fabrícanse segundo a normativa DIN EN 62275 para uso en cables de instalacións eléctricas, especifícase:

  • Temperatura mínima de instalación
  • Temperatura mínima de uso
  • Resistencia mínima á tracción (na normativa é descrita como a resistencia á tracción de bucle)
  • Exposición a envellecer por calor
  • Ciclos de temperatura
  • Lume
  • Resistencia a ferruxe

Ademais da normativa internacional para o uso das bridas en instalacións, poden ser necesarias outras normativas. Así cada sociedade de clasificación de buques ten as súas propias normas que son de obrigado cumprimento para a certificación e uso nos buques.

Bridas en España[editar | editar a fonte]

A chegada das bridas a España foi da man da empresa Unex de L'Hospitalet de Llobregat[Cómpre referencia], fundada en 1964[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia". Unex. Consultado o 2 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]