Brath (mito)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Breo")

Brath, na mitoloxía celta, foi o pai de Breogán, morto durante a conquista de Iberia.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o Leabhar Ghabhála Érenn, Brath descendería de Sru, da estirpe dos Gaels (gaélicos), liderando unha expedición saída de Exipto na procura dunha "terra para todos" profetizada por un druída. Brath chegaría a Iberia como líder tras fracasar na conquista de Sicilia. A súa morte, nunha das batallas de conquista do territorio, deixaría a tarefa aberta para que a rematase o seu fillo.

Tense procurado unha explicación histórica ao mito na suposta orixe de Brath dende o grupo celta dos gálatas de Asia Menor, de onde serían expulsados migrando novamente cara a Occidente.

Este Brath é en gaélico o que en galego é Breo, de tal xeito que Breogán é o fillo de Breo, Breo genus.